Vocabulario

Aparello a soga: denomínase nunha construción, á disposición dos sillares ou bloques colocados na horizontal polo seu lado máis longo para formar unha estrutura (muros ou paredes)

Aparello a tizón: disposición dos sillares na horizontal polo seu lado máis curto.

A combinación de ambas é coñecida como aparello a soga e tizón, na que os sillares vanse alternado: uns polo seu lado máis longo (soga) e outros polo máis curto (tizón).

Aparello de perpiaños: muro construído con pedras de cantos vivos, en forma de prisma rectángular de seis caras.

Arco de ferradura: arco formadao por unha sección circular maior que a semicircunferencia. É característico da arquitectura visigoda e musulmá. Pode ter maior ou menor frecha. Na arte califal presenta un peralte da metade do radio mentres na arte visigoda o peralte é dun terzo.

Arco peraltado: aquel de medio punto con prolongación rectilínea no seu arranque de xeito que supera a media circunferencia e a frecha é maior que o radio ou semiluz.

Luz: é a anchura dun arco, ou dito doutro xeito a distancia entre os seus apoios.Tamén se emprega o término para a anchura de calquera vano.

Frecha: é a altura do arco desde o seu arranque, ou liña de impostas, ata a clave.

Ciborio: torre de planta cadrada ou octogonal que se levanta enriba do cruceiro dun templo cristián para que entre a luz.

Modillón. Elemento saledizo, a modo de pequeno bloque, con que se adorna ou sustenta o teito ou a cornisa pola súa banda inferior. Ten forma de S ao revés. Si ten encostados rolos escalonadamente chámase modillón de rolos.

Nartice ou nártex: espazo das basílicas paleocristiás situado na entrada principal e aberto ao patio porticado, reservado aos catecúmenos. Nas igrexas románicas identifícase co vestíbulo da portada principal. Tamén chamado nártex.

Planta de cruz grega:planta en forma de cruz, normalmente dunha igrexa, na que os catro brazos que a configuran teñen a mesma medida.

Presbiterio: na igrexa cristiá fai referencia ao espazo reservado ao clero, que precede ao altar maior. Xeralmente está situado nun nivel máis alto que o resto da nave central, da cal se separa por uns chanzos, escalinatas ou unha varanda.

Tetramorfos: é unha representación iconográfica dun conxunto formado por catro elementos. A máis estendida destas é cristiá, cuxa tradición remontase ao Antigo Testamento, cando o profeta Ezequiel describiu nunha das súas visións catro criaturas que, de fronte, tiñan rostro humano e, de costas, tiñan rostro animal . Unha visión moi similar aparece nun pasase do Apocalipsis de Xoán (Apocalipsis 4:1-9) que describe a catro anxos zoomorfos que rodean ao pantocrátor. Os tetramorfos e o pantocrátor son unha constante da arte medieval, tanto en escultura como en pintura, sexa mural ou en códices miniados.

O home asóciase a Mateo, o león identifícase con Marcos, o touro sería Lucas, a aguia foi asociada á figura de Xoan.

Tetramorfos do Claustro de Frómista

Libro de Kells, século VIII

Códice miniado: Folio 27v

Trinity College Library de Dublín

onst