Unha explicación precientífica do universo, da historia e do home.

Os mitos xorden primariamente como desenvolvemento do animismo, que é a relixión primitiva en todas as culturas. Para empezar, búscase unha explicación mítica da orixe mesmo do mundo (cosmogonía). Logo, búscanse causantes divinos dos procesos naturais e dos fenómenos (especialmente das catástrofes). Así se forxa a idea dun deus do ceo e dos fenómenos atmosféricos (Zeus); unha deusa nai da terra (a Gran Nai, logo asimilada a Rea); un deus do mar (Posidón), outro do lume (Hefesto), etc.

Pero non só se pretende explicar fenómenos naturais mediante os mitos: tamén institucións sociais, ritos, costumes. O mito, serve como explicación causal de multitude de fenómenos, naturais e humanos.

Algúns exemplos:

Ø Raio e choiva (Zeus)

Ø Tempestade mariña (Posidón)

Ø Vide (Dionisio ensínalla a Icario)

Ø Olivo (Atenea) e cabalo (Posidón)

Ø Lume e sacrificio (Prometeo)

Ø Ciclo de estacións (rapto de Core polo seu tío Hades)

Ø Xogos délficos e oráculo de Delfos (Apolo, tras derrotar a Pitón)

Ø Homosexualidad (Layo ou Orfeo)

Ø Patronazgo sobre Atenas (Atenea)

Atenea

Altar de Zeus en Pérgamo

(Museo de Berlín)

A creación do ser humano (ANTROPOGONÍA)

Cando se desenvolve a filosofía en Grecia, aparece a crítica ao mito como forma de explicación do mundo. A filosofía pretende aplicar un novo método de coñecemento, o da razón, para atopar as causas deses fenómenos que o mito explicaba como producidos por seres divinos e heroicos de tempos afastados. Por iso, os filósofos poñen en cuestión a tradición do mito.

É o que se chamou a substitución do mythos polo logos.