O dominio dos pobos colonizados: civilización ou explotación?

A EXPLOTACIÓN DA MAN DE OBRA INDÍXENA

En Alxeria, todas as terras fértiles estaban xa cultivadas cando chegaron as tropas francesas. Deste xeito, a pretendida "explotación da terra" foi máis ben a explotación dos seus habitantes, que se mantivo durante todo un século.A historia de Alxeria é a dunha concentración progresiva da propiedade territorial nas mans dos europeos, a costa das propiedades alxerianas. (...).

Mais, por se todo isto non fose abondo, decidiuse darlle un valioso agasallo ós musulmáns: démoslles o noso código civil. Por que tanta xenerosidade? Porque a propiedade tribal era colectiva na maioría dos casos, e queríase individualizar a propiedade para lles permitir ós especuladores comprala de novo ós poucos (...). Velaquí o resultado desta operación: no ano 1850 os franceses tiñan soamente 115.000 hectáreas; en 1900, 1.600.000; e no ano1959, 2.505.000 (...).

Afrancesando e dividindo a propiedade fragmentouse a vella sociedade tribal sen lle ofrecer nada a cambio.

Estimulouse a anulación das xerarquías tribais, suprimíronse todas as forzas de resistencia e substituíronse as forzas colectivas polas individuais, ó mesmo tempo que se creaba unha man de obra barata.

Esta man de obra era a que compensaba os gastos do transporte dos produtos coloniais á metrópole e aseguraba, asemade, os beneficios das empresas coloniais. Deste xeito, a colonización transformou a poboación alxeriana nun inmenso proletariadoagrícola.

Xa que en Europa as reivindicacións nacionais se fundamentaron sempre na unidade da lingua, negóuselles ós musulmáns o uso do idioma de seu. Deste xeito, desde o ano 1830 a lingua árabe está considerada en Alxeria como un idioma estranxeiro.

Mais iso non é todo: para desunir os árabes, a administración francesa confiscoulles a relixión e recruta os sacerdotes islámicos entre os seus asalariados. E mantivo as supersticións máis baixas, porque estas desunen. (...)

Artigo d e J. P. Sartre en Tempos modernos, (marzo-abril, 1956)