2. Os Reis Católicos e os Asutria (séculos XV-XVII)

Para saber máis

1. Os Reis Católicos: a orixe do Estado Moderno.

O matrimonio de Fernando e Isabel (1469) non supuxo a creación dun Estado unificado, senón a unión dinástica dun conxunto de territorios ben diferenciados que pasaron a estar gobernados por eles. Isabel e Fernando asinaran uns acordos matrimoniais nos que deixaron sentadas as bases do seu goberno conxunto:

Isabel sería soberana en Castela e Fernando o seu consorte, mentres que Fernando sería soberano en Aragón e Isabel asumiría o papel de consorte. Ao cabo, ambos serían conxuntamente soberanos e compartirían a toma de decisións e a dirección efectiva dos asuntos de cada reino. Ambos reinos manterían, ademais, as súas propias leis e costumes, a súa moeda, lingua e ata aduanas para o tráfico de mercancías. Tamén se reunirían por separado as Cortes de cada reino, debendo lexislarse de forma individual para cada territorio.

En resumo, a unión dinástica significaba unha especie de alianza entre dous Estados que se ían a apoiar mutuamente en todo o que fose necesario, pero que non ían fundirse nunha mesma estrutura estatal.

Que esta fórmula de goberno foi

efectiva demóstrao o feito de que en pouco tempo a monarquía de Isabel e Fernando converteuse na maior potencia de Europa occidental, e iso que tivo que liquidar importantes problemas internos en cada un dos seus respectivos reinos peninsulares e enfrontarse a poderosos inimigos externos, como Portugal e Francia.

2. O nacemento dunha monarquía autoritaria

3. A orixe dunha potencia mundial

2. Os Austria do século XVI: Carlos I e Filipe II

2.1 Carlos I e o Sacro Imperio Romano Xermán

ico

    • Problemas internos: Rebelións das Comunidades e das Xermanías.

    • Problemas externos:

          • enfrontamentos con Francia (vitoria en Pavía 1525)

          • loita contra os protestantes alemáns( 95 Teses de Lutero) e ruptura da unidade católica

          • loita contra o Imperio otomano polo dominio do Mediterráneo

2.2 O Imperio hispánico de Filipe II

    • Problemas internos:

          • intransixencia relixiosa (rebelión dos mouriscos. Decreto de expulsión en 1609 con Filipe III)

          • vontade centralizadora (conflito de competencias coa Coroa de Aragón, materializado no asunto de Antonio Pérez, secretario do rei, que é acusado de traizón)

3. Os Austria do século XVII: Filipe III, Filipe IV e Carlos II (época dos validos e o declive do Imperio)

    • Política exterior:(a perda da hexemonía en Europa)

          • A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) Tratado de Westfalia

          • Guerra con Francia (Paz dos Pirineos 1659)

    • Política interior:

          • As rebelións de 1640 en Cataluña e Portugal (oposición ao centralismo)

          • Esgotamiento económico e crise social:

              • crise demográfica

              • despoboamento de núcleos rurais

              • problemas para exportación da la

              • descenso da chegada de prata americana

              • subas de impostos

              • sociedade polarizada e inmobilismo social (poderosos fronte a maioría da masa empobrecida)