A globalización económica

Na globalización económica é dificil coñecer a orixe dos produtos, xa que varias fases da súa produción se poden realizar en distintos países. Ademais, tamén é difícil saber de que país ou países serán os seus consumidores.

Algunhas grandes empresas occidentais trasladaronos seus talleres de fabricación a países do Terceiro Mundo, como Indonesia,onde a man de obra resulta máis barata.

Unha das consecuencias máis importantes derivadas da globalización é que a economía das nacións con menor renda per cápita é cada vez máis dependente dos países ricos.