Asemblea Nacional Contituínte

Constitución francesa de 1791

Título III- Dos poderes públicos.

Art. 1- A Soberanía é unha, indivisible, inalienable e imprescritible. Pertence á Nación...

Art. 2- A Nación, da que unicamente emanan todos os poderes, só pode exercelos por delegación. A Constitución francesa é representativa: os representantes son o Corpo lexislativo e o rei.

Art. 3- O poder lexislativo é delegado a unha asemblea nacional composta de representantes temporais, libremente elixidos polo pobo, para ser exercido por ela coa sanción do rei...

Art. 4- O goberno é monárquico: o poder executivo é delegado ó rei para ser exercido baixo a súa autoridade por ministros e outros axentes responsables...

Art. 5- O poder xudicial é delegado ós xuíces elixidos por un tempo limitado polo pobo.

Sección II.- Asembleas Primarias. Nomeamento de electores.

Art. 1- Para formar a Asemblea Nacional lexislativa, os cidadáns activos reuniranse cada dous anos en Asembleas primarias nas cidades...

Art. 2- Para ser cidadán activo é preciso: ter nacido ou terse tornado francés; ter 25 anos ...Pagar de contribución directa polo menos o valor de tres días de traballo...

Art. 7- Ninguén poderá ser nomeado elector se non reúne as condicións necesarias para ser cidadán activo máis as seguintes...

A Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. Agosto de 1789.

"Os representantes do pobo francés, constituídos en Asemblea Nacional, considerando que a ignorancia, o esquecemento ou o desprezo dos dereitos do home son as únicas causas das desgrazas públicas e da corrupción dos gobernos, resolveron expor, nunha declaración solemne, os dereitos naturais, inalienables e sacras do home (...).

Artigo 1. Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos, as distincións sociais non poden fundarse máis que sobre a utilidade común.

Artigo 2. O obxecto de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescriptibles do home. Estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.

Artigo 3. O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún corpo nin individuo pode exercer autoridade que non emane expresamente dela."