5. Os camiños da recuperación económica

SOLUCIÓNS Á CRISE

COOPERACIÓN INTERNACIONAL E ESTABILIZACIÓN

Estados Unidos, Reino Unido e Francia a partir de 1932 realizaron intentos par acabar coa guerra comercial e estabilizar o sistema monetario, co fin de activar o comercio internacional.

En 1933 se reuniron na "Conferencia Internacional de Londres". Pretendíase solucionar:

    • os desacordos coas débedas da guerra

    • estabilizar as fluctuacións dos tipos de cambio das moedas.

    • programas coordinados de obras públicas

    • moderar as trabas ao comercio entre países.

A conferencia foi un fracaso pero, a combinación de medidas internas e o tímido avance da cooperación internacional detiveron o empeoramento da conxuntura iniciada en 1929. A estabilidade da economía e unha nova fase de crecemento non se alcanzou logo da Segunda Guerra Mundial .

Caricatura francesa sobre as distintas saídas á crise económica,1936