Orixe

A xénese do Estado fascista ha de vincularse coa crise que azoutou Italia ao final da I Guerra Mundial. Aliñada no conflito con Francia, Gran Bretaña e Rusia (a pesar da súa inicial pertenza ao bando oposto) saíu vencedora do conflito, pero o fixo afectada de serios problemas económicos, sociais e políticos que deron lugar a unha forte conflitividade e propiciaron o descrédito do sistema parlamentario liberal.

Economicamente, o país concluíu a guerra debilitado, cun industria danada, co norte -o máis desenvolvido- moi afectado polos combates e cunha aínda anticuada estrutura rural no resto. O paro e a inflación foron en constante incremento.

A ocupación de terras foron moi patentes nos latifundios do centro e do sur da península, e nas illas de Cerdeña e Sicilia.

As folgas obreiras foron especialmente activas nas rexións do norte, as máis industrializadas de Italia.

Socialmente, a crise económica conduciu a unha notable axitación nos sectores máis radicais da clase obreira, partidarios de teses revolucionarias do estilo das desenvolvidas polos bolxeviques en Rusia.

Socialistas italianos en Livorno

Durante o desenvolvemento das negociacións de paz , e coa oposición das potencias, numerosos excombatientes ultranacionalistas agrupáronse ao redor da figura do "poeta-soldado" D'Annunzio e ocuparon en 1919 a cidade iugoslava de Fiume (hoxe Rijeka, en Croacia), creando en 1920 un pequeno estado de carácter totalitario que máis tarde se vinculou a Italia en 1924.

D'Annunzio

Poeta e dramaturgo italiano (1863-1938), de ideoloxía ultranacionalista e partidario do fascismo. A súa acción de conquista de Fiume hai que encadrala dentro da exaltación do nacionalismo italiano tras a I Guerra Mundial.

Politicamente, o nacionalismo italiano sentiuse ferido ao interpretar que Italia fora maltratada nas negociacións levadas a cabo polos vencedores na Paz de París, xa que a promesa de recuperar as terras irridentas non se cumpriran totalmente. O problema coas terras irridentas consistía en que non foron anexionadas a Italia durante a súa unificación do século XIX, sendo reclamadas tanto por italianos como por iugoslavos. Fiume era unha desas cidades rainas que padecía dita situación.

Este sentimento foi hábilmente explotado por Mussolini quen en todo momento fixo alarde dunha política de exaltación patriótica.

En1945, unha vez derrotado o fascismo, Fiume volveu ser reintegrada a Iugoslavia.

Esta situación sementou a inquietude entre as clases medias e a gran burguesía, a partir de entón, atraídas pola acción contrarrevolucionaria e violenta dos fascistas fronte á esquerda.