O oleiro valenciano

CatalogaciónTítulo: O oleiro valenciano

Autor: Francisco de Goya

Cronoloxía. 1778-79

Modalidade pictórica: Trátase dun dos cartóns, en óleo sobre lenzo, realizado como base para un tapiz da Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara, fundada por Carlos III.

Dimensións :alto: 259 cm.; ancho: 220 cm.

Localización: Museo do Prado, Madrid.

Xénero: Pintura figurativa: os temas dos tapices eran escenas populares de majos e majas, de carácter amable, optimista, despreocupado e luminosos. Reflicten a vida madrileña por medio de figuras idealizadas e galantes en cores alegres e vivos.Se ben algúns sinalan indicios de crítica social, non hai tal senón que responden a unha preocupación, propia da Ilustración, polos costumes e festas populares.

Tema: escena costumista na que se mesturan xentes de distintos grupos sociais: entre xentes de humilde condición discorre a carroza dunha dama de alta clase.