Circo

Lugar onde se organizaban as carreiras de cuadrigas (cabalos e carros) e se realizaban actividades atléticas.

Destaca o circo de Domiciano en el Palatino, Roma.

Restos do circo Máximo

O Circo Máximo, é o máis antigo de Roma, deseñouse especialmente para as carreiras de cuadrigas. Construído orixinalmente ao redor do ano 530 a.C. medía uns 550 metros de longo por 180 metros de ancho. Tiña a forma dunha longa U. Na parte aberta da U estaban os compartimentos para as cuadrigas, cunhas portas que se abrían todas de vez ao mesmo tempo. No centro do anfiteatro había un longo muro, denominado spina, que as cuadrigas tiñan que rodear sete veces, para totalizar unha distancia duns nove quilómetros.

A spina era o centro de atención de todo o circo. Tiña estatuas sobre columnas, fontes de auga perfumada, altares aos deuses e ata un pequeno templo dedicado á Venus do Mar, a deusa patroa dos aurigas. Os aurigas sempre queimaban incienso a esta Venus antes de comezar unha carreira. No centro da spina había un obelisco, traído de Exipto, coroado por unha bóla de ouro. Esta bóla relucía ao sol, e era o obxecto máis rechamante do circo. O obelisco, excepto a bóla, atópase hoxe en día no centro da praza de San Pedro en Roma, diante da basílica.

Vista aérea do circo romano de Mérida