Arquitectura e urbanismo

O Quattrocento (século XV)

Durante o Quattrocento (século XV), a rexión da península Itálica onde se experimentou unha maior atracción pola arquitectura clásica foi, sen dúbida, a Toscana, e en especial a súa capital: Florencia. O Renacemento rompeu co estilo góti­co, tomou como modelo a arte da antiga Roma e empregou os mesmos canons clásicos.

Habitualmente, utilizáronse como elementos sustentables as tres ordes gregas -dórica, xónica e corintia-, ás que se lles engadiron as dúas ro­manas -toscana e composta-.

Como elementos de cobertura, o arco de medio punto, a bóveda de ca­nón e a cúpula de media laranxa en substitución do ciborio medieval.

A cúpula de Santa Maria dei Fiore en Florencia, obra de Filippo Brunelleschi, converteuse no primeiro exemplo de arquitectura plenamente renacentista.

O Cinquecento (século XVI)

No Cinquecento (século XVI), para decorar as edificacións os artistas crearon monstros, metade animal e metade humanos, así como tamén vexetais, aos que lles deron o nome de grutescos, en alusión ao descubrimento dunhas pinturas co­as mesmas características na Domus Aurea de Nerón, un palacio cuxos salóns parecían grutas.

Os arquitectos do século XVI tiveron tamén un grande interese pola normativa clásica. Escri­bíronse tratados de arquitectura como os de Se­bastiano Serlio, Jacopo Vignola e Andrea Palladio, influenciados claramente polos tratadistas antigos, como por exemplo Vitrubio, á vez que pola visión, análise e estudo dos monumentos da antigüidade romana. Unha das súas característi­cas máis importantes foi a inclusión de imaxes que completan as descricións escritas.

O manierismo

O período manierista caracterizouse pola rup­tura coa normativa clásica, por alterar a morfolo­xía das ordes arquitectónicas establecidas e por realizar unha arquitectura experimental, tanto polas súas formulacións escenográficas como po­la súa vontade antifuncionalista.

O Manierismo foi, en definitiva, unha arte aristocrática ligada ás cortes europeas e, despois do Concilio de Trento, relacionada co poder da Reforma Católica, converténdose en espazo ideal para a nova liturxia.

Urbanismo

Os proxectos urbanísticos do Renacemento buscaron romper coa anarquía organizativa da ci­dade medieval. No ámbito urbano as súas propos­tas dirixíronse á organización de cidades ideais ou utópicas, mentres que, no ámbito privado, se tendeu á organización dos espazos abertos, o xar­dín, no que se denomina urbanismo de paisaxes.

Filippo Brunelleschi: Hospital dos Inocentes (1419-1427), Florencia. A orde xeométrica preside todo o edificio, tanto no exterior (sucesión de arcos de medio punto, deixando un espazo porticado) como no interior, onde todo o patio é flanqueado por unha galería de arcos de medio punto sobre columnas con chapitel corintio.

Giulio Romano: Palacio do Té (1524-1534), Mantua. Imaxe do patio interior. A súa situación nos arrabaldes da cidade permitiu esta combinación de arquitectura de vila e palacio.

As propostas de deseños urbanos articúlanse entre a cidade:

radiocéntrica de Filarete, a cha­madaSforzinda, (1465), Florencia.

(Debuxo de cidade ideal, con plano dunha estrela de 8 puntas, inscrita nunha circunferencia. No centro están a praza e os principais edificios. De alí irradian as rúa cara ás portas e torres da muralla.

e a reticular ou ortogonal, de rú­as entrecruzadas en ángulo recto, tomando o mo­delo clásico de cidade.

Paralelamente, a cidade utópica, aínda que formulada en termos urba­nísticos, hai que valorala polas súas achegas de carácter social, propostas, no século XVI, por To­más Moro no seu libro Utopía.

A cidade ideal...

Palacio de Fointainebleau (s. XVI), Francia. Exemplo de expansión do Renacemento en Francia. A decoración dos seus interiores e dos seus xardíns con terrados, é xa manierista.