3. As institucións da Unión Europea

A Unión Europea esta formada por unha serie de organización supranacionais, é dicir, institucións que se atopan por enriba dos Estados e das que forman parte representantes dos devanditos Estados

O CONSELLO EUROPEO

O Consello Europeo foi creado en 1974 coa intención de establecer un foro informal de debate para os Xefes de Estado ou de Goberno. Rapidamente evolucionou ata chegar a ser o órgano que fixaba os obxectivos da Unión e determinaba o curso para alcanzalos, en todos os ámbitos de actividade da UE. Adquiriu un estatuto oficial en 1992, co Tratado de Maastricht, que dispón que "o Consello Europeo dará á Unión os impulsos necesarios para o seu desenvolvemento e definirá as súas orientacións políticas xenerais". A partir do 1 de decembro de 2009, co Tratado de Lisboa, converteuse nunha das sete institucións da Unión.

O seu Presidente é Herman Van Rompuy.

O Consello Europeo determina a dirección e as prioridades políticas xenerais da Unión Europea.

A COMISIÓN EUROPEA

Brazo executivo da UE e iniciadora

das propostas lexislativas.

O CONSELLO DE MINISTROS

o

CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA

É a principal instancia decisoria da Unión. Representa aos Estados membros e ás súas reunións asiste un ministro de cada un dos gobernos nacionais da Unión Europea, dependendo do tema a tratar asistirá un ou outro ministro (En temas de agricultura, asistirá o Ministro de agricultura, etc.).

O Consello presídeo o Ministro do Estado membro que asume a presidencia da Unión Europea. Todos os países membros exercen esta presidencia durante seis meses, segundo unha orde establecida de rotación.

O TRIBUNAL DE XUSTIZA

O Tribunal de Xustiza interpreta o Dereito da UE para garantir que se aplique da mesma forma en todos os países membros. Tamén resolve conflitos legais entre os gobernos e as institucións da UE. Os particulares, as empresas e as organizacións poden acudir tamén ao Tribunal se consideran que unha institución da UE vulnerou os seus dereitos.

O Tribunal de Xustiza conta cun xuíz por cada país da UE.

O Tribunal está asistido por oito avogados xerais, cuxa labor consiste en presentar, con imparcialidade e independencia, ditames sobre os asuntos expostos ao Tribunal.

O PARLAMENTO EUROPEO

É o brazo lexislativo da Unión Europea, É a institución na que están representados os cidadáns dos Estados membros. O Parlamento ten un papel de colegislador (xunto co Consello). É a Autoridade orzamentaria, xunto co Consello e exerce o control político da Comisión.

Os seus membros son elixidos por sufraxio directo desde 1979, e agrúpanse por afinidades políticas e non por delegación nacional. O Parlamento Europeo reúnese e delibera en público. As súas decisións, tomas de posición e debates publícanse no Diario Oficial da Unión Europea.

O DEFENSOR DO POBO

O Defensor do Pobo Europeo investiga as denuncias contra as institucións, organismos, oficinas e axencias da UE.

Finalidade

O Defensor do Pobo Europeo responde ás denuncias dos cidadáns, empresas e organizacións da UE tratando de pór ao descuberto casos de mala administración nos que institucións, organismos, oficinas ou axencias da UE vulneraron a lei, non respectaron os principios dunha boa administración ou violaron os dereitos humanos.

A Comisión Europea é unha das principais institucións da Unión Europea. Representa e defende os intereses do conxunto da UE, elabora propostas de nova lexislación europea e xestiona o labor cotián de pór en práctica as políticas e facer uso dos fondos europeos.

Composición

Os 27 Comisarios, un por cada país da UE, representan o liderado político da Comisión durante o seu mandato de cinco anos. O Presidente atribúe a cada Comisario competencias en ámbitos de actuación específicos.

O mandato dos xuíces e dos avogados xerais é de seis anos con posibilidade de renovación. Son designados de común acordo polos gobernos dos países membros.