Os Estados do mundo e as súas relacións

Na actualidade existen máis de 200 países entre os que se establecen com­plexas relacións políticas e económicas.

Ámbito político

As relacións internacionais actuais teñen as seguintes características:

· A soidade dos Estados Unidos, como única gran potencia militar, cada vez con menos capacidade para dirixir un espazo político mundial de enorme complexidade. Por esta razón, hoxe téndese ao multilate­ralismo, baseado no establecemento de acordos entre diversas potencias políticas.

· A irrupción no panorama político de Esta­dos que acolleron o islamismo como guía política. Estes países, como Irán, in­clináronse por unha ruptura violenta co que se considera occidental.

· O protagonismo da China, cunha econo­mía moi competitiva e un crecente poder militar, o que ocasiona inquietude e esixe a toma de acordos.

Ámbito económico

No ámbito económico, o centro do mun­do constitúeo Norteamérica (Canadá e Esta­dos Unidos), Xapón e a Unión Europea. Son os países ricos, que se viron favorecidos polo sistema capitalista. Os demais países dividí­ronse en dous grupos:

· Países en desenvolvemento, que son re­xións economicamente moi activas, con vantaxes interesantes para a implantación de empresas estranxeiras: man de obra preparada ou barata, escasas normativas ambientais e gobernos fortes. É o caso de países como China, India e Corea do Sur.

· Países pobres, localizados, sobre todo, na África Subsahariana, onde os países ri­cos explotan os seus recursos naturais e mesmo apoian a gobernos corruptos, favo­rables aos seus intereses. Parte da súa po­boación opta por emigrar.

A este grupo tamén pertencen os "países esquecidos", carentes de recursos e sumi­dos en guerras tribais interminables.