Panteón de Roma

Miguel del Pozo Puig. Twitter hashtag #MA140 "O edificio que contén no seu interior o Universo enteiro"

Nome: Panteón

Arquitecto: Descoñecido

Comitente: Emperador Adriano

Cronoloxía: Siglo II d.C.

Estilo: Romano Imperial

Localización: Campo de Marte (Roma)

Materiais: formigón, ladrillo, madeira e mármore

Dimensións: Pórtico de 35 metros de ancho; columnas de 14 metros de alto e tambor de 43,5 metros de diámetro. A bóveda elevase a 43,5 m de altura, de tal maneira co diámetro e a altura do espazo cerrado son iguais.

A cúpula apoiase sobre un cilindro de 6 m de espesor, que evita o seu aspecto macizo grazas a apertura de oito exedras de forma alternativa rectángulares e semicirculares.

O Panteón é un edificio cuxa función principal é a do culto a todos os deuses e aos emperadores divinizados.

As portas soamente abrianse unha vez ao ano: o 21 de abril,

o día do nacemento de Roma. Na hora exacta do mezzogiorno,

cando o sol entra polo óculo, incide directamente sobre a porta de entrada, iniciabase o ritual.

M-AGRIPPA-L-F-COS-TERTIVM-FECIT

Marcus Agrippa, Lucii filius, consul tertium, fecit

"Marco Agrippa, fillo de Lucio, cónsul por terceira vez, (o) fixo"

O Pantheon que hoxe coñecemos levantouse sobre os restos do antigo Panteón de Agripa,construído en 25a.C. e destruído nun incendio. Conservouse a antiga inscripción.

16 columnas de granito monolítico (feitas dunha única pedra!!!) 13,96 m de alto, capiteis corintos.

Porta de entrada de bronce de 7,53 m. Según o mito so o Emperador podería cruzar esa porta.