Esculturas de Praterías

Portada da fachada sur do transepto, realizada nos primeiros anos do século XII, a única das tres da catedral, verdadeiramente románica.

O que hoxe vemos na portada de Praterías resulta da obra orixinal, máis pezas engadidas procedentes da portada Norte, da Acibecharía ou Porta francíxena pois nela desembocaba o Camiño francés, que foi destruída por un incendio no século XVIII,.e do coro pétreo do mestre Mateo.

Non conta cunha autoría única, pola contra resulta da suma artistas (mestre do Cordeiro, mestre da Traizón, mestre das Praterías, mestre das Tentacións ou de Conques e mestre da Transfiguración) e temas diferentes dentro dun conxunto iconográfico común: a Redención, con escenas alusivas á dobre natureza de Cristo (humana e divina), e o seu triunfo sobre o pecado e a morte. Foi monumentalizada polo mestre Mateo na súa parte alta.

A fachada consta de dúas portas de dobre folla, abucinadas pola superposición das arquivoltas, alinteladas e con tímpanos semicirculares. Apóstolos ós lados de cada porta como gardiáns das mesmas. Segue un friso, a cornixa sobre canzorros, dous vanos con arcos lobulados de influencia musulmán e arquivoltas (a terceira foi alterada ó construírse o claustro) que abren á tribuna. Remata cunha balaustrada moi posterior.

Os relevos, en placas de dimensión e grosor variado, concéntranse nos tímpanos e no friso pero tamén aparece nas columnas, nas xambas, nos contrafortes e nos muros. O conxunto resulta totalmente incoherente e desordenado por mor dos engadidos. Incluso as formas non se adaptan á forma semicircular dos tímpanos.

Os dous vans da portada de Praterías están enmarcados por once columnas dispostas de modo simétrico sendo as máis exteriores de mármore con profusión escultórica, entorchadas e labradas as centrais e de fuste liso as máis internas.

Tan só dous dos once chapiteis son historiados e ocupan os lugares máis exteriores da portada.

No resto vemos entrelazos que en ocasións xorden da boca dun león, figuras atrapadas na rede tecida polos mesmos, cabezas de fieras.

O tímpano da dereita alude á natureza humana de Cristo: na parte superior o Nacemento, o Anuncio ós Pastores, a Adoración dos Magos; no rexistro inferior, temas da Paixón: Coroación de espiñas,Flaxelación, Erección da Cruz, Bico de Xudas; e outros como a Curación do cego á dereita.

No cap. IX do Libro V do Códice Calixtino lese o seguinte:

"Na porta meridional da basílica apostólica hai, como dixemos, dúas entradas e catro follas. na entrada da dereita, pola parte de fóra, en primeiro término sobre as portas, está admirablemente esculpido o prendimiento do Señor, alí por mans dos xudeus o Señor é atado das mans á columna, alí é azoutado con correas, alí está sentado na súa cadeira Pilatos como xulgándolle. Arriba en cambio noutra liña está esculpida santa María, nai do Señor, co seu fillo en Belén, e os tres reis que veñen visitar ao neno coa súa nai, ofrecéndolle o triplo agasallo, e a estrela e o anxo que lles advirte que non volvan xunto a Herodes".

Curación do cego

Coroación de espiñas

Cristo na columna

O beso da traizón

O tímpano da esquerda resalta a natureza divina de Cristo presentada pola súa vitoria sobre o pecado (as Tentacións) e pezas soltas como a muller adúltera.

Á esquerda aparece a figura de Cristo orlado con nimbo crucífero no que destacan as letras alfa e omega e a palabra "PAX". Baixo os seus pés unha inscripción di: "DVCTVS EST IN DESERTVM" . A esquerda e dereita senllos anxos turiferarios confórtano . O situado á dereita porta un delicioso "botafumeiro" decorado con cabeza humana de cuxa boca saen tallos vegetais e sobrevoa unha zona boscosa con serpes e o perfil deteriorado do que debeu de ser demo.Outros dous demos de aspecto simiesco e vestidura que recorda á de soldados romanos aparecen na placa esculpida situada á dereita da descrita . Áchanse sobre fondo de murallas e portas e baixo os mesmos outra inscripción: "INMONTEMEXCCISV".

Sonador de corno que cabalga a un león sobre o que se colocou outro detalle recortado que mostra a unha leoa en loita con serpe enrollada no seu corpo.

Tres diaños con cabeza de mono ante as portas do inferno

Encaixada a dereita do tímpano aparece a imaxe da muller que porta unha caveira . Todo nela mostra a xenialidade dun escultor: a súa rotunda anatomía. Os mofletes abultados, ollos saltones, beizos grosos e cabelo que cae deliciosamente desordenado en longas guedexas sobre os seus ombreiros.

Aparece sentada nunha suxerida cadeira de tesoira con decoración de leoncitos na parte superior, sobresaíndo aos seus lados e garras conformando as patas. Delicados pliegues fórmanse nas súas vestiduras.

Esculturas do friso