Principais elementos arquitectónicos

A catedral converteuse no edificio paradigmá­tico da arquitectura gótica e o modelo francés na súa expresión máis representativa.

A nova espiritualidade relixiosa da época, así como as innovacións técnicas e construtivas, per­mitiron levantar edificios máis altos e luminosos. Os elementos que fixeron posible este cambio fo­ron fundamentalmente o arco apuntado ou oxi­val,máis lixeiro que o de medio punto, e a bóve­da de cruzaría,resultante do cruzamento de dous arcos oxivais, cuxa estrutura permitía descargar o peso directamente sobre co­lumnas e piares, liberando ao muro da súa función de soporte.

Grazas a eses dous elementos, os ar­quitectos puideron abrir grandes ven­tas, que despois serían ricamente deco­radas con vidreiras de cores. A maior altura e amplitude das naves, xunto ao alixeiramento dos muros, obrigou aos arquitectos a reforzar exteriormente a estrutura do edificio mediante un complexo sistema de arcobotantes e contrafortes que contrarrestaban o peso das bóvedas interiores.

En planta, a catedral gótica pre­senta unha organización moi

ca­racterística:

  • Tres ou cinco naves lonxitudi­nais, sendo a central de maior altura e anchura que as laterais.

  • Cabeceira cun transepto máis curto.

  • O deambulatorio ou xirola, rodeado de capelas radiais, adquire un gran protagonismo.

O alzado interior divídese en tres niveis: as ar­cadas que conducen ás naves laterais, o triforio(pasadizo de estreitas arcadas que substitúe á tribuna románica), e o claristorio, corpo superior con ventás.

No exterior, o elemento máis destacado é a fa­chada occidental.Flanqueada por dúas altas to­rres, na súa estrutura xeralmente pódense distin­guir varias franxas horizontais superpostas.

Abaixo, e correspondéndose en número coas naves interiores, atópanse as portadas, cunha ri­ca decoración escultórica. Sobre elas, e non sem­pre na mesma orde, adoitan aparecer un corpo de arcadas, un gran rosetón e un triforio con es­culturas. Esta estrutura, ademais, repítese nas fachadas do transepto.

A catedral de Notre Dame presenta un triplo pórtico, frixo con estatuas, rosetón, ventás, arcada e torres.

Outros elementos destacados do exterior son a cuberta a dúas augas que cobre as bóvedas in­teriores e o ciborio, que en ocasións coroa o cru­ceiro.

Os outros elementos arquitectónicos que se poden ver -agullas e pináculos de forma pirami­dal ou cónica, que rematan as cimas das torres, e os gabletes ou remates en punta a xeito de fron­tón- son utilizados para acentuar a verticalidade da construción.