1.O sistema político da Restauración

A Restauración é a volta á monarquía borbónica e ao dominio oligárquico. Estamos ante o sistema máis estable e duradero

da historia contemporánea de España.

O reinado de Isabel II supuso a creación do estado liberal baixo o liberalismo dogmático ou conservador, o sexenio

intentou de implantar o liberalismo democrático, mais a crecente inestabilidade e radicalidade fan que fracase e vólvase á

monarquía borbónica.

Evolución política

    • Alfonso XII.-1875-1885

    • Rexencia de María Cristina 1885-1902

    • Alfonso XIII 1902-1931

Inicio da Restauración

En 1874 Pavía disolve as cortes, Cánovas del Castillo, o motor da Restauración, prepáralle a Alfonso XII o manifesto de

Sandhurt, Martínez Campos dá un golpe (sen o beneplácito de Cánovas) en Sagunto reclamando a Alfonso XII.

Cánovas fai volver a Alfonso XII, pacífica o norte carlista terminando en 1876 a terceira guerra carlista e a da independencia

cubana en 1878 coa firma da paz de Zanjón e disponse a impoñer o sistema canovista.

Máis información

Sistema canovista

A este periodo tamén se lle denomina Sistema Canovista pola gran importancia de Antonio Cánovas del Castillo na súa

creación e formación, sendo a gran figura política da Restauración. Cánovas xa apareceu na historia en 1854 como autor do

Manifesto de Manzanares - A Vicalvarada- que deu paso ao bienio progresista. Pese a iso, foi un conservador por formación e

convicción. Como profundo admirador do sistema político inglés, baseado nun case estrito bipartidismo, quixo trasladar este

sistema a España, feito que conseguiu. No seu honor, chámase Canovista a este sistema que se instaura en 1876 e vai durar

ata 1923 cando Primo de Rivera termine co protagonismo civil propio dese periodo e dun pronunciamiento militar

instaurando unha ditadura. Cánovas del Castillo foi un político moi admirado, sobre todo, polos conservadores de España.

De feito, os aperturistas do réxime de Franco durante a última etapa pretendían instaurar en España un sistema imitando a

este sistema canovista.

Bipartidismo e quenda pacífica

A Constitución de 1876