Características xerais do reinado de Isabel II

  • Época na que o liberalismo se asenta no poder de xeito xa irreversible, diferenciándose dos precedentes intentos frustrados dende 1808.

  • Réxime inestable , que ten o seu mellor paradigma nas catro Cartas Magnas elaboradas, nas cales aparecen perfiladas as dúas tendencias do liberalismo español, os moderados e os progresistas, protagonistas do xogo político :

  • carta outorgada de 1834 (Estatuto Rea)l

  • tres constitucións (1837, 1845, 1856).

  • Principios liberais: a soberanía nacional, a división de poderes ou a representatividade mediante sufraxio

  • Predominio do moderantismo, o que leva a que a Constitución de 1845 sexa a máis duradeira, amosándose nela os presupostos liberais sinalados: soberanía compartida Rei-Cortes e cámara alta (Senado) de designación rexia e vitalicia.

  • Maior ou menor limitación no sufraxio, segundo sexan moderados ou progresistas (estes en cortas parénteses) os que ocupen o poder.

  • A hexemonía moderada apréciase tamén no ámbito da orde pública: substitución da progresista Milicia Nacional pola moderada Garda Civil en 1844.

  • Presenza constante do exército na vida política:

  • as guerras que dende 1808 teñen no liberalismo o seu pano de fondo e uns mandos que xa non sempre son de procedencia nobiliaria explican a presenza practicamente constante de militares no poder político ou no seu contorno inmediato,

  • O pronunciamento vai a ser o mecanismo de tránsito do moderantismo ao progresismo.

  • O sistema de recrutamento: a implantación do servizo militar obrigatorio, en consonancia co presuposto liberal que considera á nación como conxunto de cidadáns, polo que a todos concirne a súa defensa; non obstante, crease a posibilidade de redimir o servizo mediante o pagamento dunha cantidade de diñeiro, o que converte a quinta nunha obriga unicamente para as clases menos favorecidas.

  • Ámbito administrativo:

  • Centralización e homoxeneización, amalgamados coa idea de liberdade.

  • Nova ordenación territorial (provincias, municipios) a partir do deseño de Javier de Burgos en 1833

  • Mecanismos políticos para o seu control (Deputacións, Xefes Políticos, Corporacións locais)

  • Uniformización xurídica do Estado e dos cidadáns.

Forzas ou tendencias políticas que o doutrinarismo liberal deixa fóra do sistema

-Por unha banda, aqueles que dende posicións absolutistas e lexitimistas cuestionan a monarquía isabelina; este conflito conduce ao enfrontamento bélico cos seguidores de don Carlos. A necesidade de financiar as guerras carlistas, sumada ao intento de anchear a base social do liberalismo nun país esencialmente rural, leva aos sectores progresistas a pór en marcha a desamortización, en clara confrontación coa Igrexa, que perde capacidade de amparo social.

É neste contexto, onde o Estado liberal comeza a asumir funcións sociais de beneficencia, e ademais promulga os primeiros planos de educación, entendida esta como un servizo público baixo a óptica do laicismo, como se pon de relevo na Lei Moyano de 1857.

-Por outra banda, no extremo oposto ao carlismo, é preciso tratar a aparición (dende mediados de século) dos demócratas, que pretendendo o sufraxio universal masculino, contarán cunha base social a cada paso máis ampla e chegarán a ser os protagonistas do xogo político en 1868.

- Tímida aparición da ideoloxía republicana, que só cristalizará en 1873.

-Primeiras manifestacións (en forma de mobilización ás veces contundente) dun proletariado escaso e xeograficamente moi concentrado.