Palacio Pitti

Catalogación

Nome: Palacio Pitti

Autor: Filippo Brunelleschi

Cronoloxía: 2ª metade século XV

Estilo: Renacemento (Quattrocento)

Tipoloxía: obra arquitectónica de carácter civil. Residencia urbana pacega da familia Pitti

Materias: pedra

Localización: Florencia

O palacio serve de exemplificación do novo modelo de residencia renacentista dos nobres e ricos burgueses florentinos que, renunciando ós edificios fortificados, constrúen as súas ricas vivendas integradas na cidade e abertas a ela.

ANÁLISE

A dificultade para inspirarse na Antigüidade clásica no caso dunha edificación habitable situada nunha rúa da cidade, era grande posto que non existían modelos romanos, e aínda que houberan sobrevivido non servirían xa que as necesidades e os costumes cambiaran; tampouco se podía edificar ó modo dos templos. Había que buscar unha solución na que confluíse a funcionalidade e as formas clásicas. A resposta estivo no repertorio decorativo.

O Palacio Pitti, neste caso situado no extrarradio, exemplifica os trazos que definen estas residencias:

-volume pechado organizado en torno dun patio central, pois a vida concíbese cara a dentro. Se ben se eliminan as torres defensivas, o carácter pechado crea unha masa con aspecto de fortaleza que deixa constancia do poder económico e político dos seus donos.

- articulación horizontal marcada pola división en tres pisos subliñada polas marcadas cornixas e balaustradas que os separa así como polas fiestras

-a gradación do aparello almofado, xa empregado na arquitectura romana: na planta baixa os sillares sobresaen de xeito moi marcado e desigual, nas plantas superiores o almofado é menos alto e perfectamente regular

- sucesión rítmica das fiestras e os arcos de medio punto adovelados que as enmarcan

-a decoración limítase ós elementos construtivos, o mesmo aparello e os ventanais