Termos históricos (Restauración 1874- 1923)

Caciquismo : práctica política característica do sistema electoral da Restauración borbónica, asentada sobre a influencia dos caciques. Estes poderosos locais utilizaban as súas boas relacións co goberno do momento para desenvolver un sistema clientelar que lles permitía controlar os votos dos electores do seu distrito.

Cantonalismo: movemento político español durante a primeira república que é partidario dun federalismo de carácter radical. Trátase de establecer unha serie de cidades independentes que se federarían libremente. Recorda ás polis gregas. O cantonalismo tivo unha gran influencia do movemento obreiro, sobre todo anarquista. Destacan os cantones de Loja, Sevilla, Málaga, Cádiz, Tarifa e, sobre todo, Cartagena. Este último resistiu ata que en 1874 Martínez Campos e Pavía derrotárono.

Encasillado: práctica de falseamento electoral propia do sistema da Restauración que consistía en decidir dende Madrid quen debía ser elexido por un distrito electoral, co que non ten ningunha relación nin antes, nin logo de ser elixido. Colócaselle nesa casilla electoral e "o cunero" sae elixido, esa é unha das funcións dos caciques da zona.

Ludismo: movemento de orixe inglesa contra o novo sistema industrial, que se manifestaba nunha acción espontánea e violenta coa destrución das máquinas, o incendio de fábricas, etc. É a primeira manifestación de protesta obreira.

Manifesto de Sandhurst: documento de carácter político asinado o 1 de decembro de 1874, polo príncipe Alfonso de Borbón, redactado por Cánovas del Castillo e que sintetizaba o programa da nova monarquía alfonsina: un rexíme de signo conservador e católico que habería de garantir o funcionamento do sistema político liberal. Supón a volta dos Borbón ao trono de España e o inicio do período político da Restauración.

Pucherazo: Dicese da manipulación dos resultados electorais ou cambio e arranxo das cifras de votos para gañar as eleccións. Ao pucherazo hai que relacionalo coa coacción física, psíquica e económica que utilizaban os caciques para conseguir os resultados electorais. Con estas practicas conseguían situar ao encasillado (político que se lle coloca nunha circunscripción ou casilla e que os caciques encárganse de que salga elixido, moitas veces o encasillado non tenia ningunha relación coa zona presentada) no parlamento.

Rexeneracionismo: movemento político-cultural desenvolto en España a finais do século XIX e principios do XX e que pretendía facer renacer e transformar o esperitu, enerxías e estruturas nacionais cara a creación dunha España máis activa, moderna e progresista. O movemento xurde tras o "desastre do 98" , trala perdida de Cuba e demáis territorios de América e Asia. Hubo diferentes tipos de rexeneracionismo, o político de carácter conservador que creía na rexeneración da vida política, "revolución desde arriba", e o radical dos intelectuais entre os que destaca Joaquín Costa, que abogaba pola destrucción da oligarquía e o caciquismo. Estos intelectuais defendían a necesidade de mellorar o campo español e de elevar o nivel educativo e cualtural do pais, como reflicte o lema de Costa: "escola e despensa".

Sistema de quenda: mecanismo propio do sistema político da Restauración mediante o cal, dous partidos políticos, o conservador de Cánovas e o liberal de Sagasta, se turnan pacíficamente no poder. As eleccións se amañan desde o goberno para que gañe quen nese momento teña a quenda, mediante os sistemas do encasillado e do pucherazo. Aínda que este modelo político nun principio terminou coa inestabilidade crónica e cos pronunciamientos militares, a longo prazo supuxo a perpetuación dun sistema nada democrático.

Sufraxio censatario e universal: o termo sufraxio fai referencia ao dereito de voto; cando este dereito queda limitado aos ciudadanos que pagan unha determinade cantidade á facenda (censo), o sufraxio é censitario; cando este dereito se estende a todos os cidadáns maiores de idade, estamos a falar de sufraxio universal.Durante o século XIX en España dominou o sufraxio censatario, a Constitución do 69 establecía o universal, pero este consolidarase en 1890 baixo o goberno de Sagasta. O sufraxio universal feminino proclamouse na Constitución de 1931.

ü Agrarismo: movemento de reivindicación agraria que se desenvolve en Galicia durante o primeiro tercio do século XX. O campesiñado arrendatario protagonizou unha serie de protestas co obxectivo de conseguir a redención dos seus contratos e poder así acceder á propiedade da terra que cultivaban. En dito movemento participou masivamente o campesiñado, pero non conseguiu alcanzar unha concreción ideolóxica nin establecer unha plataforma común reivindicativa, polo que o movemento non logrou máis que algúns dos seus obxectivos. O máximo lider do agrarismo galego foi Basilio Álvarez. O movemento agrarista quedou paralizado durante a Ditadura de Primo de Rivera, sen embargo, foi nesta época cando aprobouse o decreto que establecía a redención dos foros,é dicir, a desaparición do foro mediante indemnización.

ü Desastre de Annual: coñécese así á derrota militar sufrida polo exército español fronte ás cábilas rifeñas de Abd-el-Krim, en xullo de 1921 en Marruecos. Acusouse ao rei Alfonso XIII de ser un dos responsables do desastre, que custou a vida a 14.000 soldados e oficiais españois e puxo en perigo a cidade de Melilla. O desastre de Annual puxo en evidencia a deficiente organización do exército e tivo consecuencias importantes para a estabilidade do sistema político, ao ser unha causa do golpe de estado de Primo de Rivera, pois a prensa e o pobo español esixiu responsabilidades que provocaron unha crise no goberno.

ü Expediente Picasso: nome co que se coñece ao informe redactado polo xeneral de división Juan Picasso González, en relación aos feitos acontecidos na Comandancia Xeral de Melilla nos meses de xullo e agosto de 1921: o chamado Desastre de Annual e o abandono das posición. Juan Picasso presidiu a Comisión de Responsabilidades para elaborar un expediente sobre o sucedido en Annual. O exército opoñíase porque temía as responsabilidades militares, que chegaban ata o rei Alfonso XIII. O Expediente Picasso acusaba de neglixencia a varias decenas de mandos militares e ao propio xeneral Berenguer. As responsablidades políticas suscitaron agres debates nas Cortes pero o informe da comisión parlamentaria non chegou a ser coñecido porque o golpe de Primo de Rivera impediuno.

ü Semana Tráxica: Nome que se dá á folga xeral iniciada en Barcelona o luns 26 de xullo de 1909 e á violenta represión que lle puxo fin. As protestas, provocadas polo envío de refuerzos á guerra de Marruecos, comezaron o día 11. Os sindicatos chamaron á folga xeral, que foi completa e pacífica ao principio. O día 27, ante a declaración do estado de guerra e a presenza do exército nas rúas, comezou a radicalizarse o conflito, ata derivar nunha gran insurrección. O exército recuperou o control da cidade os días 30 e 31, a costa de máis de 100 mortos e 500 feridos. A represión que se desencadeou a continuación provocou fortes protestas dentro e fóra do país e fixo caer o goberno de Antonio Maura.