4. A República de Weimar (1918-1933)

A debilidade da República de Weimar

A república proclamada tras a abdicación e Kaiser convocou eleccións que se celebraron en xaneiro de 1919. Unha coalición formada polo Partido Socialdemocrata, O Zentrum católico e o Partido Demócrata (que aglutinaban máis do 76 % dos votos) formou goberno.

Aprobaron a Constitución de Weimar, unha constitución moi democrática que establecía a república como forma de goberno, bicameralismo, sufraxio universal, amplos dereitos individuais e sociais... Serviu de modelo a constitucións doutros países.

Con todo aos conservadores alemáns non lles gustaba, pensaban que era un réxime imposto polos vencedores da Guerra, a nova constitución "respira un moi escaso espírito alemán" segundo publicaba o diario conservador Kölnische Zeitung.

Os primeiros anos da República foron moi difíciles, houbo de facer fronte a demasiados e variados problemas:

1º) Os derivados do Tratado de Versalles, especialmente as perdas territoriais e as cuantiosas reparacións (a maior porcentaxe a Francia)

2º) A Revolta Espartaquista protagonizada por socialistas de esquerda, de orientación comunista, desgajados do Partido Socialdemócrata. Pretendían tomar o poder seguindo o modelo soviético. Foron duramente reprimidos, ademais por orde dos seus antigos compañeiros de partido. A represión foi durísima, houbo máis de mil mortos, entre eles Rosa Luxemburg.

Perdidas territoriais de Alemaña

3º) Intento dun golpe militar de dereitas protagonizado por Kapp.

4º) Intentos separatistas, especialmente dos últimos estados que se incorporaron á unificación e sobre todo Baviera

5º) Gran inseguridade cidadá. Tivo gran repercusión o asasinato do ministro W. Rathenau que opinaba que Alemaña debía cumprir o estipulado en Versalles o que enfurecía á dereita alemá.

6º) A caída do valor do marco e o gran proceso inflacionista. Os prezos subían cada día ata varias veces (ver gráfica adxunta). A inflación foi tan brutal que nos costa ata imaxinar as enormes subidas de prezos e o valor que puido alcanzar, por exemplo, unha barra de pan. A inflación chegou ata tal punto que os billetes non valían nada, como se pode ver na imaxe (nenos xogando con cheas de billetes, muller acendendo unha estufa, billetes tirados na rúa....). Houbo que resellar os billetes, os selos de correos...

7º) A ocupación do Rhur polos franceses ante o atraso de Alemaña nos pagos das reparacións. Se Alemaña non pagaba, os franceses decidiron ser eles mesmos os que se servisen do "corazón industrial" de Alemaña. A ocupación francesa creou un clima de máxima tensión.