Unha represión institucionalizada

Españois republicanos deportados a Mauthausen

Exilio e campos de concentración nazis

Violencia franquista contra as mulleres

Os castigos físicos foron comúns a homes e mulleres, pero os que padeceron elas estaban vinculados ao seu xénero. O franquismo buscaba o escarnio e que estas se encerrasen avergoñadas nas súas casas.

Os cortes de pelo, o aceite de ricino, varrer as rúas, desfilar con pouca roupa ao ritmo do "Cara ao sol". Unha violencia arbitraria, pública e específica para as "rojas" .

As republicanas máis significadas foron encarceladas e fusiladas, en cumprimento escrupuloso da legalidade da ditadura. Tamén podían ser violadas en prisión polos carceleros, simplemente cumprían coas ordes que xa daba Queipo de Llano en tempos de guerra: "Non se van a librar por moito que berren e pataleen", dicía o xeneral sobre o que tiña que facer un "home de verdade". Neste sentido, para as mulleres embarazadas e con condena a morte, a ditadura ideou en decembro de 1941 unha lei que prohibía o fusilamiento durante o periodo de xestación ata o nacemento do bebé, que despois pasaría ás autoridades franquistas sempre que o pai, e só o pai, estivese ilocalizable (morto, desaparecido ou exiliado). Os recen nados eran inscritos no Rexistro Civil cun nome distinto.

Fonte: eldiario.es Victor Peñalver

Un grupo de mulleres rapadas durante a ditadura

El silencio de los otros. Documental sobre a loita silenciada das vítimas do largo réxime do Xeneral Franco, que continúan buscando xustiza ata os nosos días

As fosas do franquismo