Causas da Primeira Guerra Mundial

Enfrontamentos coloniais

Reiniciados novamente no último terzo do século XIX, que foi creando unha oposición maior entre o bloque franco-británico e Alemaña, unha potencia tardiamente incorporada á carreira imperialista e moi insatisfeita cos seus logros.

Os desafios alemáns á repartición do norte de África durante as crises marroquís (1905 e 1911) fixeron evidente as rivalidades entre os países europeos.

As rivalidades entre as potencias, o nacionalismo

Exaltación dos valores de identidade de cada nación, que xerou un clima de desconfianza mutua.

Aspiración de independencia dalgúns pobos europeos sometidos aos vellos imperios (Imperio austro-hungaro e Imperio turco).

Franceses e alemáns enfrontábanse polas rexións francesas de Alsacia e Lorena, ocupadas polos alemáns dende 1871.

Competencia naval entre Alemaña e Gran Bretaña.