As Meninas

Catalogación

Autor: Velázquez

Cronoloxía: 1656

Estilo: barroco

Técnica: óleo

Soporte: lenzo 3,12 x 2,74 m.

Localización: Museo del Prado (Madrid)

Tema: retrato.

A escena sitúase seguramente nun aposento do Alcázar de Madrid. No centro está a infanta Margarita, con dona Agustina de Sarmiento á súa esquerda e dona Isabel de Velasco a súa dereita, ambas as dúas damas de honor da infanta. Tamén aparecen dous ananos Mari Bárbola e Nicolasito Pertusato, quen dá unha patada ao tranquilo mastín que xace no chan.

Nun segundo plano á dereita, hai dúas figuras de pé que se relacionan con dona Marcela de Ulloa, serventa das damas da raíña, e don Diego Ruíz de Azcona, un gardadamas. Ao fondo, na porta aberta, encóntrase don José Nieto Velázquez, apousentador de palacio e posible parente do pintor. Xunto a el, e reflectidos no espello, aparecen os bustos do rei Felipe IV e da raíña Mariana de Austria. Máis á esquerda está o autorretrato do pintor con pincel e a paleta nas súas mans, lucindo a Cruz da Orde de Santiago.

Colgadas na parede aprecen representadas dúas escenas mitolóxicas, copiadas respectivamente de Rubens (Palas e Aracné) e de Jordanes (Apolo e Marsias).