Erecteion

CATALOGACIÓN

Recoñecemento da obra. Obra arquitectónica de tipo relixioso da arte grega, en concreto un templo coñecido como Erecteión, erixido na honra de Atenea Polias, Poseidón e Erecteo, o mítico rei de Atenas.

Función :función relixiosa máis non é un recinto de oración, senón o lugar no que habita o deus ou a deusa á que se dedica o edificio. En consecuencia o edificio é de reducidas dimensións e o espazo interior carece de importancia posto que os fieis realizan as prácticas rituais de culto no exterior.

Localización. Eríxese na Acrópole de Atenas fronte do Partenón nun lugar que debía protexer santuarios anteriores, destruídos polos persas, como as tumbas de Erecteo e Crecops (o primeiro poboador da cidade, nacido da terra sen antecedentes humanos), o manancial de Poseidón e a oliveira de Atenea (explicar a loita de Atenea e Poseidón polo dominio da Ática).

Estilo e datación. Pertence ó período clásico, séculos V e IV a.C., entre o fin das guerras médicas e a morte de Alexandre Magno no 323, máis exactamente ó clasicismo pleno da segunda metade do s. V a.C., que coincide co goberno de Pericles quen encargou a reconstrución e embelecemento de toda a rocha sagrada despois da súa destrución polo exército persa de Xerxes no 479 a.C.

Autoría. Se considera obra de Mnesikles, a quen se deben tamén os Propíleos construídos igualmente sobre terreo irregular o que nos indica que xa estaba acostumado a localizacións complicadas.

Material. Está construído en mármore do Pentélico e pedra negra

Comentario

Planta.

Comprende dúas zonas diferenciadas, a parte oriental e mais alta foi destinada a Atenea Poliás mentres a parte baixa se dedica a Poseidón Erecteo.

Na planta inferior, encontramos outras dúas fachadas, unha con pórtico na cara norte (seis columnas xónicas) e outra na cara oeste, carece de pórtico.

No lado sur abriuse o célebre pórtico das cariátides que oculta a baixada á tumba de Crecops.

Como non hai pórtico no lado oeste podemos consideralo próstilo.