O Expresionismo

Catalogación

Título: O berro

Autor: Edvard Munch (1863-1944)

Cronoloxía: 1893

Estilo: expresionismo

Técnica: óleo sobre lenzo

Tema: a angustia de vivir expresada por medio dun berro. Unha figura retorcida sae do plano pictórico, e a súa forma sinuosa repitese na paisaxe, na praia e nas nubes. Estas liñas curvas están cortadas pola senda que percorre, que marca a diagonal do cadro. As ondas do berro expandensen como ondas da auga ao tirar unha pedra. A figura afúndese na paisaxe cargando a escena de tensión e anguria que obriga ao espectador a establecer comunicación con ela.

Comentario

Catalogación

Autor: Ernest Ludwig Kirchner (1880-1938)

Título: A rúa

Cronoloxía: 1913

Estilo: Expresionismo

Técnica: óleo sobre lenzo

Localización: Museo de Arte Moderno (Nova York)

Pintor e gravador alemán. Fundador do grupo A Ponte. Os seus temas viran en torno á gran cidade, especialmente na súa etapa de Berlín, na que deambulaba polas rúas sen rumbo, atemorizado pola soidade e o baleiro.

A súa vida vese truncada pola Gran Guerra; este feito, xunto á súa tendencia depresiva, lévanlle ao suicidio en 1938, logo de alterar as datas das súas obras e destruír moitas.

Neste cadro reflíctese perfectamente o mundo da gran cidade. «Tres personas -dúas mulleres e un home- ocupan o centro do cadro. Detrás deles deambula un número indefinido de xente vestida con traxe de cidade, que produce un efecto de supersofisticación acrecentada polas formas apuntadas tanto do corpo como do vestido. Á dereita, un cabaleiro coas mans ás costas sostén un bastón e inclínase cara a adiante para mirar un escaparate. Tras el, lixeramente descentradas cara á esquerda, dúas mulleres con grandes sombreiros de plumas e pescozos de pel vólvense a unha cara á outra.

Existe un interesante ritmo psicolóxico de atención: o home mira o escaparate, a muller que está no centro vólvese ao lado esquerdo cara á muller que está ao seu lado, que á súa vez mira en dirección ao home e ao escaparate.

Todo é puntiagudo: zapatos, pescozos, os bordos dos chapeus, as mans, narices, orellas e as figuras propiamente ditas. Todas as formas dan a impresión de escorregar desde o plano pictórico cara ao espectador, principalmente debido á perspectiva escarpada da pintura e á diagonal que a atravesa por completo».

A escena resulta tensa e transmite excitación; aínda que as figuras realizan tarefas cotiás, os contrastes de cores e luces agudizan a sensación de axitación, ao xogar co claroscuro.

Vieiros da arte