Democracia 1975-2018 (Termos históricos)

Lei para a reforma política: (LRP) Lei impulsada por Adolfo Suárez que foi o instrumento xurídico que permitiu no contexto da Transición española a eliminación de estruturas da ditadura franquista desde un punto de vista xurídico e á convocatoria de eleccións democráticas, dándose un tránsito a un sistema democrático. Foi aproba polas Cortes en novembro de 1976, sometida a referendo o 15 de decembro de 1976 e aprobada polo 81% dos votantes. Establecía un sistema bicameral (Congreso e Senado), elexido por sufraxio universal.

Pactos da Moncloa: Acordos socioeconómicos efectuados en 1977 polos que as forzas sociais de esquerda e os sindicatos comprometéronse a aceptar certa austeridad nos salarios a cambio doutros beneficios fiscais, financeiros, educativos e sociais.

UCD: Unión de Centro Democrático.- Partido político español creado en 1977 por Adolfo Suárez para darlle cobertura política ao seu goberno. Máis que un partido político foi un conxunto deles que formaban unha coalición. O seu nacemento, crecemento e desaparición foron moi rápidas. As distintas tendencias estaban lideradas polos baróns e o seu enfrontamento entre eles fixo que Suárez dimitise en xaneiro de 1981

Plataxunta: Nome popular polo que se coñece a organización creada a partir da unión da Xunta Democrática e a Plataforma para a Convergencia democrática en 1975, que propuñan a formación dun goberno provisional que implantase un réxime democrático, procedese a ditar unha ampla amnístía e convocase eleccións libres. A Xunta Democrática constituíuse en París en 1974 por iniciativa do Partido Comunista, que integraba a Comisións Obreiras, partidos de esquerdas e mesmo personalidades da dereita democrática. A Plataforma de Converxencia Democrática foi impulsado polo PSOE en 1975 que aglutinou a grupos democracristiáns, a UGT e o PNV. Tivo pouca incidencia política, pois ao pouco de formarse cambiaron as circunstancias políticas radicalmente coa morte de Franco.