A decoración pictórica

A partir do século I a.C. esténdese a práctica da decoración de interiores de casas, palacios, edificios públicos e relixiosoa, utilizando a técnica da pintura mural ao fresco e mostrando unha maior preferencia por temáticas cotiás.

A maior parte destas obras conserváronse grazas a erupción do Vesubio no 79 d.C. que sepultou cidades enteiras como Pompeia e Herculano, deixando edificios intactos. No seu conxunto estas pinturas caracterizanse por un alto grao de realismo, no que destaca o uso da perspectiva -diminuíndo o tamaño das figuras e esfumando os detalles coa profundidade-, o detallismo, a precisión, a riqueza cromática e a forza expresiva.

O foro de Pompeia

Rúa de Herculano (Decumanos)

Termas na cidade de Herculano

Establécense catro estilos ou sistemas pictóricos moi diferenciados:

1. Estilo de incrustación. Desenvolvido dende mediados do século II a.C.. Presenta unha intensa influencia grega, caracterizándose pola imitación de grandes lousas de mármore ou columnas.

2. Estilo arquitectónico. Aparece en Roma a principios do século I a.C., simulaba elementos arquitectónicos pintados, como se toda a parede se abrise ao exterior, tratando de crear así unha sensación ilusionista. A medida que o estilo evoluciona incorpóranse escenas mitolóxicas, paisaxísticas ou humanas no centro do muro, a xeito de pequenas ventás ou cadros colgados.

Estilo incrustación. (Casa do Fauno en Pompeia)

Frescos da Vila dos Misterios (Pompeia)

Casa de Salustio Bilbilis (Calatayud)

3. Estilo ornamental. Nacido en Roma durante as últimas década do século I a.C. e desenvolvido baixo a moda imposta desde a corte imperial de Augusto, este estilo substitúe os edificios do segundo estilo por unha arquitectura fantástica e de perspectivas imposible, que sen ocupar todo o muro, abríanse como ventás a un mundo imaxinario en medio de paredes. Tamén era frecuente a presenza de esculturas que simulaban sostelos.

Vila Fanio Sinistor de Boscoreale (s. I a.C.)

4. Estilo ilusionista. Aparecido en Pompeia tras o terremoto do 62 d.C., caracterízase pola reaparición das arquitecturas do segundo estilo, pero cunha maior presenza de escenas de amor, picarescas, mitolóxicas e de vida cotiá e familiar. Teñen unha calidade escenográfica algunhas pinturas que reproducen escenas teatrais con cortinas, panos e máscaras.

Fresco da casa de Livia en Prima Porta

Casa dos Vetti en Pompeia

Frescos da casa de Marco Lucrecio Fronto, en Pompeia (s. I d.C.)