Coliseo ou anfiteatro Flavio

FICHA TÉCNICA

Empezou a ser construído no ano 72 d. C., duranteo mandato do emperador Flavio Vespasiano (69-79). Foi inaugurado polo seu sucesor Tito (79-81) no ano 80, aínda que non foi rematado completamente ata o ano 82, grazas a iniciativa de Domiciano (81-96). Rematadas as obras, o Coliseo foi o anfiteatro máis grande xamais construído.

Durante case 500 anos, no seu interior celebráronse infinidade de xogos, mesmo despois da caída o Imperio romano no ano 476 d.C.. O abandono e dous grandes terremotos, provocaron a ruína parcial do monumento.

Contexto

Localización: Roma

Materiais: bloques de mármore travertino, formigón, ladrillo, pedra e estuco.

Tipoloxía: anfiteatro.

Estilo: romano imperial.

Cronoloxía: s. I (72-80)

Título: Coliseo ou anfiteatro Flavio Autor : descoñocido (encargado polo emperador Flavio Vespasiano)

Descrición formal

A fachada conservada está construída en dous niveis levantados sobre un estilóbata, que non se corresponden cos pisos interiores. Os tres primeiros niveis están formados por unha sucesión de 80 arcos de medio punto, con columnas adosadas que soportan unha cornixa puramente decorativa. O cuarto nivel ou ático, está formado por un muro con piastras adosadas e pequenas ventás rectángulares.

De abaixo a arriba, sobrepóñense as seguintes órdenes: dórico-toscana no primeiro andar, xónica no segundo, e corintia no terceiro. O derradeiro andar está decorado con lesenas de estilo corintio e 24 mastros de madeira que sostiñan un toldo (velarium) que protexía aos espectadores da chuvia.

A planta elíptica define o espazo de maneira concéntrica. No centro estaba a area, o lugar onde se levaba a cabo o espectáculo, e ao seu arredor a cávea, o lugar onde se situaban as gradarías nas que se sentaban os 50.000 espectadores que podía chegar a acoller.

O acceso ao recinto realizábase a través dos arcos do andar inferior. A partir de aquí, unha complexa organización de galerías anulares e radiais coroadas por bóvedas de canón e de aresta, permite a circulación por todo o recinto. As comunicacións entre cada nivel fanse mediante escaleiras e ramplas que dan acceso ás bancadas a través de portas chamadas vomitorium.

Debaixo da arena, no subsolo, está visible unha complexa obra de ladrillos que, ademais de albergar as distintas dependencias de servizo e as celas para as feras, estaba dotado cun sistema impermeabilizado de condución de auga capaz de transformar a arena nunha gran piscina.

Contorno e integración urbanística

O Coliseo foi levantado sobre as ruínas dun gran parque creado por Nerón arredor do seu espazo - a Domus Aurea- concretamente no lugar que ocupaba un lago artificial.

Situado nun dos extremos dos antigos foros da cidade de Roma, e próximo ao circo Máximo, a paisaxe que rodeaba ao monumento viuse alterada, en 1936, coa apertura da Vía dos foros imperiais.

Función contido e significado

No anfiteatro Flavio, coñecido tamén como Coliseo pola "colosal" estatua de 40 m dos emperador Nerón que estaba situada preto do monumento, celebrábanse numerosos espectáculos gratuítos de loita entre gladiadores e feras salvaxes, e mesmo se representaban batallas históricas e naumaquias (batallas navais), enchendo a arena de auga. A súa entrada era gratuíta e colocábase á xente segundo o seu status social.

A construción do Coliseo foi considerada un xeneroso agasallo do emperador ao pobo, que axudou a potenciar a imaxe benfeitora do seu poder e glorificou a súa figura semidivina. O emperador,sentado nunha tribuna, tiña a facultade de salvar a vida ou condenar aos loitadores.

Modelos e influencias

O anfiteatro foi unha tipoloxía arquitectónica orixinal do imperio romano, cuxa planta elíptica xorde da unión de dous teatros.

A superposición de ordes nos diferentes andares era unha sucesión habitual na época helenística e xa fora utilizada no Teatro Marcello (13 a,C.), sendo un modelo copiado posteriormente por arquitectos do Renacemento, como Alberti, e do Barroco.

Tanto o seu sistema de gradarías como as súas instalacións no subsolo da arena, foron un modelo prototípico seguido na construción doutros anfiteatros, e mesmo algunhas solucións serviron de modelo en recintos deportivos modernos, como sucede nos estadios de fútbol.

Fonte: Vicens Vives

Reconstrución virtual