O informalismo

Tema: Obra abstracta de grandes dimensións (1,70x1.95).

Técnica: mixta sobre lenzo (grattage), con po de mármore, pigmentos, acetato e cola.

Estilo: informalismo abstracto, pintura matérica.

Cronoloxía: 1959

Autor: Antoni Tàpies (1923- 2012)

Catalogación Título: Marrón e ocre

O autor

Antoni Tàpies, nacido en Barcelona no seo dunha familia burguesa e catalanista, foi persoa comprometida politicamente contra da ditadura franquista. De formación autodidacta, soubo pasar dun realismo inicial a un primeiro surrealismo máxico con influencias de Miró e Klee para continuar cara á abstracción xeométrica e ó informalismo e a pintura matérica.

Moi pronto comezou a se interesar pola materia, a terra, as arpilleiras, chatarra, madeira, roupa vella, xeso, vidro, ... cos que engade todo tipo de texturas á súa obra. Pero ademais as perfora, destrúe, fura, corta e desgarra. Todo cunha finalidade principal: provocar sensacións emocionais

Contexto

A arte estadounidense posterior á II Guerra mundial, decantarase polo Informalismo, entendendo por tal non unha tendencia concreta senón un espírito de rebeldía creativa que fracturaba a conexión coas formas da tradición e renunciaba á programas conceptuais como modo de creación de escolas, primaba ante todo a individualidade. É o que fixeron Pollock ou de Kooning.

Do mesmo modo en Europa, a tendencia informalista domina o desolador panorama artístico de posguerra. En España, a situación era aínda máis complexa, pois a identificación da II República coa arte de vangarda, supuxo que a derrota militar daquela tras da guerra civil, levase aparellada a práctica desaparición de calquera tipo de tendencia plástica de carácter progresista.

Os principais grupos de pintores abstractos españois son o Grupo Pórtico de Zaragoza, o Dau al Set de Barcelona, ó que pertenceu Tápies, e El Paso de Madrid. As figuras principais son, xunto con Tàpies, Saura, Canogar e Millares, entre outros. Son eles os que conseguiron conectar a arte española coa arte internacional, tras décadas de illamento.

Análise

A técnica serve de soporte ó contido e á súa mensaxe. Sobre o lenzo disposto horizontalmente sobre o chan, aplica con espátula ou coa propia man pintura dentro dunha gama moi reducida de cores frías e terrosas - ocre, marrón, gris e negro- de óleo e outros pigmentos con po de mármore triturado. Sobre esta mistura de base xa case seca realiza un grattage (é a técnica que consiste en rascar ou resgar os pigmentos da pintura xa seca sobre o lenzo ou táboa) con tela de arpilleira: pégaa sobre o lenzo e logo arríncaa para crear unha estrutura de relevo con zonas resgadas, rabuñades ou furadas. A continuación fai un novo gratagge servíndose de diversos útiles -punzóns, coitelos, pinceis, tesoiras, as propias mans- para engadir signos simbólicos (cruces, asteriscos, letras -como neste caso un Y e un X-, números) e liñas de trazos distintos que recordan os graffiti. En ocasións emprega tamén a técnica do dripping. Máis que pintura sobre lenzo, a consistencia plástica da obra semella unha parede ou unha tapia, o mesmo artista xoga co significado do seu apelido.

Logra a conxunción de texturas e tonalidades diferenciadas combinando o matérico e o icónico xunto co cromatismo, para crear unha imaxe sorprendente a modo de poema visual, unha obra aberta coa que interpela o espectador.

Cun rigor compositivo minimalista, unha contundente austeridade cromática, sen referencias figurativas e despoxada de significación concreta, a obra resulta sen embargo sobrecolledora, pois da interacción entre contido e continente xurde un signo conceptual de dimensión moral, característico da obra de Tàpies.

As súas cualidades relacionanse coa vida urbana, as súas pinturas parecen fragmentos de parede, enlucidos das fachadas, traballos dos pintores de brocha gorda. V. Bozal dirá das súas obras: " (...) os seus cadros son obxectos e teas pintadas e a súa presenza física destaca sobre a parede como unha segunda parede".

Utiliza cores afins á terra: ocres, branco sucio, beige, tons salmón; emprega o negro, como resultado de mestura de tonalidades e intensidades. Elimina calquera elemento figurativo. C. Argan comenta: " (...) a súa materia é parede, cemento, porta atrancada, persinana baixada. A vida debería ser liberdade e non o é; todo límite posto á liberdade, fai retroceder á vida, á indistinción coa materia". Tamén evita os símbolos porque son superación da materia.

Na súa obra reflexiona sobre a vida e a morte, sobre a soidade e a alegría, sobre o paso do tempo. El mesmo dixo que a obra de arte debe deixar perplexo ó espectador para facelo meditar sobre o sentido da vida.

Catalogación

Título: Pintura

Cronoloxía: 1955

Estilo: abstración- informalismo matérico

Técnica: mixta sobre lenzo

Localización: Museo Nacional Reina Sofía (Madrid)

Análise

Nesta obra Tàpies mantén o seu discurso pictórico, no cal a superficie é un espazo sobre o que actúa mediante a técnica do grattage. Así por toda a superficie aparecen rasgaduras, buratos, liñas grosas...Mestura materias como o polvo do mármore triturado con pintura ao óleo creando mixturas en relevo.

As cores utilizadas son cercanas á terra - castaños, beiges, ocres- diversos tonos de grises e un branco "sucio" característico do artista.

Técnica do "grattage"