Vocabulario

Tribuna: galería aberta situada sobre as naves laterais dunha igrexa cristiá, desde a cal os fies poden seguir as cerimonias relixiosas.

Icona: pintura sobre táboa coa representación de Cristo, a Virxe ou santos, que segundo a tradición conserva a esencia destas personaxes, e por este motivo a súa evolución estilística é mínima.

Pendente: cada un dos catro triángulos curvilíneos sobre os cales descansa directamente o anel dunha cúpula.

Teotocos: representación da Virxe acompañada do neno Xesús propia da arte bizantina, que aparece, por medio de influencias, en ábsidas ou capelas das igrexas románicas.

Adro ou atrio: patio portícado a modo de vestíbulo que se sitúa na entrada dun edificio.

Planta basilical: tipo de planta rectángular que consta de tres ou cinco naves.

Bóveda de aresta: bóveda xerada a partir do cruzamento de dúas bóvedas de canón.

Tesela: pedra pequena de de cor, de 1 cm de aresta, utilizada nos mosaicos. Trátase dunha peza cadrada que ten distinta tonalidade con respecto a outras realizadas igual.

Período iconoclasta: etapa da arte bizantina (726-843), no cal se prohibiu exhibir e reproducir imaxes relixiosas e se destruíron as existentes.

Iconoclasta: contrario ao culto e a representación de imaxes sagradas ou iconas.

Iconografía: ciencia que estudia a oirxe e o desenvolvemento das imaxes na arte, relacionándoas con fontes literarias e coa maneira de expresarse nela mesma.

Iconoloxía: disciplina que estuda o significado da obra de arte enmarcada na historia ou na sociedade. Simboloxía da cultura.

Iconostase: tabique ou paramento que separa o espazo do templo, onde están os asistentes ás cerimonias litúrxicas das igrexas ortodoxas orientais, daquel no que se atopa habitualmente o sacerdote que as oficia.

Ourivaría: arte de traballar metais preciosos, particularmente o ouro e a prata.

Tetramorfos: é unha representación iconográfica dun conxunto formado por catro elementos. A máis estendida destas é cristiá, cuxa tradición remontase ao Antigo Testamento, cando o profeta Ezequiel describiu nunha das súas visións catro criaturas que, de fronte, tiñan rostro humano e, de costas, tiñan rostro animal . Unha visión moi similar aparece nun pasase do Apocalipsis de Xoán (Apocalipsis 4:1-9) que describe a catro anxos zoomorfos que rodean ao pantocrátor. Os tetramorfos e o pantocrátor son unha constante da arte medieval, tanto en escultura como en pintura, sexa mural ou en códices miniados.

O home asóciase a Mateo, o león identifícase con Marcos, o touro sería Lucas, a aguia foi asociada á figura de Xoan.