Nación e movementos nacionalistas

O concepto de nacionalismo é complexo, pero simplificando, podemos definilo como a ideoloxía que atribúe entidade propia e diferenciada a un territorio e aos seus cidadáns. Nela susténtanse aspiracións políticas de carácter moi diverso.

Varios son os tipos de nacionalismo, pero atendendo ao seu carácter unificador ou disgregador, destacan dous:

Centrípeto

Que se move cara ao centro ou atrae cara a el. Prodúcese cando diversos territorios que están disgregados en entidades estatais diferentes tratan de unirse nunha soa. Os exemplos máis claros deste tipo de nacionalismo están representados polos casos alemán e italiano.

Centrífugo

Que se afasta do centro ou tende a afastar del. Constitúe unha forza que pretende separar distintos compoñentes territoriales dun estado, atendendo a razóns lingüísticas, de raza, culturais, históricas, etc. Un exemplo deste tipo de proceso é o acontecido nos imperios turco e austríaco ao longo do século XIX.

As revolucións do cambio do século XVIII ao XIX estiveron ligadas a concepto de nación por principio, pois opuñan o poder absoluto do rei á soberanía nacional, que emanaba de todos os cidadáns.

A nación concíbese como unha comunidade con conciencia de compartir un pasado, unha cultura e unha lingua común, e con ambicións de plasmalo no terreo político mediante a súa identificación cun Estado.

Unha corrente xeneralizada en Europa coincide en apelar ao sentimento nacional de cada un para buscar a independencia fronte ao poder dos Imperios e intentar salvar os obstáculos para alcanzar ou reforzar a unidade política da nación.

Poder económico

Apoio potencias

exteriores

Integradores ou centrípetos

Unificación italiana e alemana

interior: burguesía

NACIONALISMOS

Disgregadores ou centrífugos

Case todos os grandes imperios decimonónicos (Rusia, Turquía, Austria, Gran Bretaña, España) experimentaron no seu seo os nacionalismos separatistas, pero en ningún lugar con tanta intensidade e variedade (étnica, relixiosa e lingüística) como no sueste de Europa, compartido polo imperio turco otomán e polo imperio austriaco, no que, por exemplo, algúns bandos publicábanse en quince linguas diferentes.