Arquitectura: características xerais

A arquitectura grega baseouse na orde e na razón, así como no principio de adaptar os edificios á escala do home.

Busca persistente da beleza, a partir da perfección e do equilibrio das formas e dos elementos que a conforman.

Utiliza un sistema construtivo arquitrabado ou alintelado, no que predominan as liñas horizontais e verticais.

Este sistema estructurase a partir da sobreesposición de catro elementos fixos: basa, fuste, entablamento, (composto por arquitrabe, friso e cornixa) e o frontón.

As proporción e as liñas únense co fin de conseguir unha simetría e unha harmonía visual. Para o cal utilizaron complexos cálculos matemáticos, cos que puideron correxir numerosas ilusións ópticas, curvando de forma casi imperceptible algúns

elementos ríxidos do edificio.

Correccións ópticas do Partenón

As ilucións ópticas ao ser observadas aparentan algo diferente do que realmente representan. Por exemplo, as liñas verticais da figura seguinte son realmente paralelas aínda que parecen non selo.

No Partenón para evitar a sensación óptica de hundimiento este está curvado cara arriba, varias pulgadas, na parte central; as columnas inclínanse progresivamente cara ao interior segundo ímonos achegando ás esquinas, e os intercolumnios fanse progresivamente máis curtos segundo aproximámonos aos extremos. Estas correccións, incluso as máis mínimas, que non son perceptibles a primeira vista e que foron rigurosamente medidas.

Outro dos cambios ópticos foi a suave curvatura creada no centro do fuste das comlumnas, chamada éntase, para que dende lonxe o ollo humano percibise a columna recta.