3.A Autonomía de Galicia

O Estatuto de Autonomía foi aprobado polo pobo galego en 1980 e ratificado polas Cortes en marzo de 1981.

Artigo 1

1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma para acceder ao seu autogoberno, de conformidade coa Constitución española e co presente Estatuto, que é a súa norma institucional básica.

Artigo 4

1. Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos galegos son os establecidos na Constitución.

Artigo 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

Artigo 9

1. Os poderes da Comunidade Autónoma exércense a través do Parlamento, da Xunta e do seu presidente.

Artigo 31

É da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias (...).

Artigo 33

1. Correspóndelle á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior.

Artigo 40

1. Recoñecer a comarca como entidade local con personalidade xurídica e demarcación de seu. A comarca non supoñerá, necesariamente, asupresión dos municipios que a integren.

(...)

3. Recoñecerlle personalidade xurídica á parroquia rural.

Organización política

Competencias : plenas (agricultura, urbanismo, educación, sanidade...)

compartidas: relacións internacionais, lexislación penal, sistema monetario...)

Institucións

Organización territorial

    • Provincias (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra)

Outras demarcaci'ons

Espazo rural: aldeas e parroquias

Espazo urbano: vilas *capitais das bisbarras*e cidades