O martirio de San Mauricio

Catalogación

Título: O martirio de San Mauricio

Autor: O Greco

Cronoloxía: finais do século XVI (1586)

Estilo: Renacemento español (manierista)

Técnica: óleo sobre lenzo

Localización: Mosteiro do Escorial.

Tema: O cadro narra ós primeiros tempos do cristianismo, a finais do século III, cando por orde do emperador Maximiano se esixiu ós membros da lexión tebana, todos cristiáns, que fixeran sacrificios ós deuses pagáns. Como o xeneral romano Mauricio e os seus compañeiros se negaran, a lexión completa foi executada, 6.666 homes sufriron martirio.

O Greco realiza este cadro para Felipe II. Pon todo o coidado posible para agradar ao monarca, pero este non aprecia a obra, aínda que lla queda. Por iso é a única pintura do Greco que se garda no Escorial.

Comentario