2. Características xerais

Ao longo do período comprendido entre o século V e o século IX, non existe unha ruptura total en canto a institucións, cultura e arte anteriores, xa que en gran medida prodúcese unha continuación da situación social, económica e, por suposto, artística preexistente. A Igrexa como institución, tamén desenvolve un papel moi importante neste período, fusionando, formando, divulgando e exercendo o papel de mecenas de toda a cultura e da arte desta época.

Os xermanos, ao non posuír nin arquitectura, nin escultura, nin pintura propias, continuaron coas características da arte romana, pero empobrecéndoa en canto a materiais.

A arte prerrománica é unha arte tecnicamente pobre, que imita os monumentos romanos e que ademais aproveita materias destes, engadindo temas decorativos de orixe xermánica, como trenzados, corda, estrelas, etc.

A estética bárbara

O tipo de vida itinerante e guerreira dos pobos xermanos, trouxeron consigo unha estética nova, moi ligada ao aspecto ornamental do equipo militar do cabaleiro: escudos, broches, espadas, cintos, fibelas... En calquera destes elementos predominaban os temas decorativos de tipo xeométrico, relativamente fáciles de elaborar en metal e que constituían máis un traballo de ourives ca de artistas.

Como consecuencia do carácter práctico destas manifestacións, a súa arte é moi sinxela, con preferencia por temas ornamentais, de formas xeométricas ou ben de motivos vexetais. Só en contadas ocasións representaron a figura humana ou a animal, e sempre con gran inxenuidade, sen dominar a técnica.

De entre os temas achegados, destacan a cestaría, a soga, a esvática de raios curvos, as volutas entrelazadas, as rosetas e as cruces patadas.

Motivos en forma de soga.

Esvástica de raios curvos

Motivos de cestaría

Rosetas

Tenante de altar visigodo

Rosetas, cruces patadas,rodas de radios curvos, espigas