3. A Italia fascista (1922-1939)

A formación do Estado fascista en Italia arrincou en 1922. Dúas décadas máis tarde, concluíndo a II Guerra Mundial, chegaría o seu fin, cando o último reduto de Mussolini, a República de Saló (República Social Italiana), sustentada polos alemáns, foi derrotada polos aliados.

Estado fascista

    • Ditadura do Partido Nacional Fascista

    • Represión de toda oposición

    • Intervencionismo económico, proteccionismo e autarquía

    • Expansionismo militar

    • Forte control social

O líder indiscutible do fascismo italiano foi Benito Mussolini, nado en 1883 no seo dunha familia de orixe humilde (o seu pai era ferreiro)