Fachada de San Pedro do Vaticano

Catalogación

Autor: Carlo Maderno

Cronoloxía: 1607-1612

Estilo: barroco

Tipoloxía: igrexa


Maderno converte a planta de cruz grega de Miguel Anxo, nunha cruz latina que duplicaba a capacidade do recinto e construíu a nova fachada.

Maderno formulou unha fachada horizontal (nos extremos da cal preveu dous campanarios que enmarcarían a cúpula, pero que,ao quedaren inacabados, contribuíron a desequilibrar o conxunto).

Utilizou a orde xigante, e polo tanto a fachada eríxese a partir de pilastras e semicolumnas corintias que abranguen os dous andares que a conforman; seguen un entablamento e un ático coroado por unha balaustrada. O eixe central da fachada, lixeiramente avanzado cara á praza para conseguir un efecto de movemento, salienta por un pequeno frontón.

A fachada adquire o carácter dun cartel propagandístico que reflicte a magnificencia universalista da Igrexa.