A arte mozárabe

Desde finais do século IX os pequenos Estados do norte peninsular expansionanse cara ao sur e repoboan zonas próximas, case baleiras, contando coa colaboración de cristiáns vindos da España musulmá, mozárabes.

Estes dous grupos compartían a mesma fe cristiá e a mesma liturxia, a visigoda, e construíron as súas igrexas aproveitando, en moitas ocasións, edificios anteriores. O resultado foi unha arquitectura con diversidade de elementos construtivos que proceden da herdanza visigoda e da arte hispano-musulmán.

É unha arquitectura máis monástica que áulica. As igrexas teñen plantas basilicais, centrais e con combinación de ambas; as ábsidas son rectas ao exterior e predomina a forma de arco de ferradura no interior.

San Cebrián de Mazote s. X (Valladolid)

ARQUITECTURA MOZÁRABE from Ana Rey

Peñalba de Santiago (Bierzo, León)

Utilizan materiais de construción pobres e como elementos de soporte, muros, piares compostos e columnas de tipo clásico; os arcos son de ferradura de tipo califal con alfis, e como elementos de cuberta usan bóvedas de nervios e armaduras de madeira. As cubertas no exterior terminan en grandes beirados sostidos por modillóns de rolos.

Peñalba de Santiago

San Cebrián de Mazote

San Miguel de Celanova

Nos interiores destas igrexas destaca a compartimentación espacial, que se debe a necesidades construtivas e tamén á liturxia do rito hispano-mozárabe. Esta compartimentación reflíctese ao exterior pola articulación dos volumes.

Interior de San Cebrián de Mazote

Interior de Peñalba de Santiago

Exterior de San Cebrián de Mazote

Exterior de Peñalba de Santiago