Etapas da ditadura

1.- O Directorio Militar (1923-25):

A Ditadura presentouse como unha solución provisional, para "poñer orde e solucionar os males de España". Era unha ditadura autoritaria cuxas primeiras medidas foron: a suspensión da Constitución de 1876 e dos dereitos constitucionais, a disolución das Cortes e o establecemento dun Directorio militar, presidido por Primo de Rivera, encargado de gobernar o país. O dictador concentraba nas súas mans todos os poderes (executivo, xudicial e legislativo, gobernando mediante decretos-lei) sendo asesorado polo resto dos militares. Colocou nos postos claves da Administración a militares (gobernadores provincias, delegados do goberno nos concellos).

Prohibiu os sindicatos e as folgas, mantivo a orde pública con man dura. Acusou aos nacionalistas cataláns, tanto os autonomistas como os separatistas, de romper a unidade de España. Prohibiu o uso oficial da lingua e a bandeira catalás, e ata bailar a sardana. O que logrou con estas medidas foi radicalizar o catalanismo aínda máis, xurdindo un novo partido- Estat Catalá presidido por Maciá. Tampouco fixo caso aos nacionalismos galego e vasco.

En 1924 formou a Unión Patriótica (UP), o seu partido político e o único legal, cun programa rexeneracionista e cualificado como de patriotas virís, seguindo o modelo fascista.

A decisión de Abd-o-Krim de atacar a zona do Protectorado francés en Marruecos posibilitou a realización dunha acción militar conxunta contra o mesmo. As tropas españolas desembarcaron na bahía de Alhucemas (setembro de 1925) e venceron ás kábilas rifeñas. Abd- o-Krim rendeuse ás autoridades francesas. O final vitorioso na guerra de Marruecos foi o gran éxito de Primo de Rivera e deulle unha enorme popularidade.

1.- A creba da monarquía parlamentaria. (00:00 - 6:55

2.- Desenvolvemento político e cambios económicos. (6:55 - 11:55)

3.- O final da ditadura e da monarquía. (11:55 - 18:42)

2.-O Directorio Civil (1925-1930).

Primo de Rivera quixo permanecer no poder e institucionalizar a ditadura un réxime. En decembro de 1926 entraron seis civís no Directorio; os máis destacados foron Martinez Anido en Gobernación, José Calvo Sotelo en Facenda e Eduardo Aunós en Traballo, todos de extrema dereita. UP intentou sen éxito aglutinar un amplo espectro político para lexitimar á ditadura, pero foi só un instrumento de propaganda oficial no que se integraron políticos fracasados e oportunistas. En 1927 constituíuse a Asemblea Nacional Consultiva, formada nas súas 4/5 partes por membros de UP, elixidos por sufraxio restrinxido e cuxa función era asesorar e informar ao ditador. A Asemblea fracasou rápidamente na súa tarefa de preparar un proxecto de Constitución, que non se aprobou.

Entre as realizacións do réxime destaca a súa política económica, levada a cabo polo ministro Calvo Sotelo. Aproveitando a conxuntura económica favorable (os felices vinte), a etapa da ditadura foi de prosperidad económica, consolidándose o capitalismo en España. Houbo un forte intervencionismo estatal controlando todos os sectores produtivos, reforzándose o proteccionismo; subvencionáronse empresas con diñeiro público e incrementáronse os investimentos públicos en infraestruturas (estradas, escolas, obras hidráulicas). Apareceron as Confederacións Hidrográficas e os monopolios: Tabacalera, Telefónica, Loterías e CAMPSA, que se ocupaba da distribución e venda do petróleo. Os maiores beneficiarios desta política foron os grandes capitalistas. O Estado endebedouse en exceso e aínda que os obreiros melloraron o seu nivel de vida, continuaron con salarios baixos; os xornais eran miserables.

En canto á política social creáronse os Comités Paritarios que eran uns organismos oficiais compostos por representantes de patróns e obreiros e un representante do goberno. De influencia fascista, a súa función consistía en resolver os conflitos laborais. Os socialistas de UGT, dirixidos por Largo Caballero, participaron nestes Comités, facendo unha política reformista (vivendas obreiras, melloras asistenciais). Pero foron moi criticados polos comunistas e anarquistas, que eran perseguidos polo réxime. Tamén colaboraron os Sindicatos Libres (próximos á extrema dereita).

Estableceu o Somatén, unha milicia catalá formada por voluntarios, apoiada polas clases medias conservadoras para combater o sindicalismo e estendeuna a toda España para manter a orde pública.