Picasso. Retrato de Ambroise Vollard

Cronoloxía: 1909-1910

Estilo: cubismo análitico

Técnica: Óleo sobre lenzo, 92 x 65 cm

Localización: Moscú, Museo Pushkin

Ambroise Vollard, hábil marchante famoso na época por ser amigo de numerosos artistas e poetas (Mallarmé, Zola, Apollinaire, Cézanne, Degas, Redon, Renoir, entre moitos outros), en xuño de 1901 organizara unha exposición individual de Picasso, que aínda non tiña vinte anos; incluíu máis de setenta e cinco obras.

O seu é un dos retratos de amigos e marchantes que Picasso realizou nesta época. O cadro pertence xa para todos os efectos ao periodo do cubismo analítico, coas súas composicións cada vez máis complexas e herméticas. O Retrato de Ambroise Vollard descomponse no fondo, que o fagocita e o aprisiona en si, borrando en parte o busto, pero conservando o rostro, que, aínda executado con arranxo a criterios estrictamente cubistas, non perde a extraordinaria semellanza co modelo. O nariz poderoso, a alta fronte calva e os ollos semicerrados destácanse do fondo polo seu tons claros e cálidos e pola lixeira tregua lograda polo rostro respecto dos ritmos angulares que caracterizan o resto da composición.

Malia que moitos amigos e colegas do marchante non consideraban na época que o cadro parecéseselle, el mesmo contaba que o fillo de catro anos de idade dun coñecido, ao ver por primeira vez o retrato, dixo: " ¡É Vollard!". O cadro é revelador do método utilizado polo artista, que nestas obras introduce elementos fácilmente reconocibles polo contemplador, ao cal serven de guía e ofrecen un agarradero para a comprensión daquelas, e ao mesmo tempo mostra unha paradoxal semellanza cos modelos.

Seguindo a concepción cubista as formas e o fondo descompóñense en planos nunha representación bidimensional que configura o conxunto como as facetas dun espello roto.

Renunciando á perspectiva para crear a ilusión de profundidade, fondo e figura ocupan o mesmo plano e fragméntanse do mesmo xeito por mor da convivencia de distintos puntos de vista.

Dominan os planos xeométricos, cubos e prismas, delimitados por liñas ocres quebradas que conteñen a cor. Cada plano recibe un tratamento de cor degradado de claro a escuro de modo que contrasta co que esta ó seu carón que se degrada en sentido oposto.

A luz resulta irreal, non hai un foco definido senón que procede desde distintos puntos e se materializa no aclarado das formas.

A gama de cor é reducida, típico destas primeiras obras cubistas, dominando as tonalidades neutras en gamas de ocres no rostro, azulados escuros e grises. o Tal tendencia á monocromía resulta dunha reacción contra o Impresionismo ou o Fauvismo que apostaban claramente pola cor.