Vocabulario

Mesquita: edificio dedicado á oración comunitaria no islám, orientado á Meca.

Al-Andalus: nome co que se coñece o territorio musulmá da Península Ibérica entre os séculos VIII a XV.

Haram: sala de oración dunha mesquita, dividida en numerosas naves perpendiculares ao muro, orientado á Meca (quibla).

Maqsura: espazo que precede ao mihrab na mesquita, normalmente cuberto cunha cúpula. Era o sitio do califa ou do imán.

Mocárabe:prismas ou elementos xeométricos colocados en posición vertical, que colgan do teito, como as estalactitas, e que serven de decoración na arte islámica.

Xesaría:

Arco polilobulado:arco formado por máis de tres lóbulos.

Mihrab: pequena fornela sagrada aberta no muro da quibla

Ornamentación arabesca: decoración a formada por liñas entrecruzadas que imitan formas vexetais ou xeométricas.

Arco cego: arco que ten tapada a luz.

Arco mixtilíneo: arco formado por liñas curvas e rectas, propio da arte musulmá.

Minarete:torre dunha mesquita utilizada para chamar aos fies á oración.

Ataurique:decoración vexetal cuxa forma procede da folla de acanto da arte clásica.