Organización política de España

España é un Estado democrático e social xa que a cidadanía participa directamente nos labores de goberno ou ben mediante a elección dos seus representantes.

Principios dun Estado democrático

O Estado democrático fundaméntase en dous principios: o pluralismo político e o respecto ás minorías. Estes principios equivalen a aceptar que as opcións políticas dos demais poder ser tan boas ou mellores para a colectividade que as que un ten. Xa que logo, todas as opinións se deben poder expresar e defender con total liberdade e co pleno respecto dos demais.

Forma de goberno

Monarquía Parlamentaria

Xefe do Estado: o rei

Sistema político

Democracia representativa

O 6 de decembro de 1978 o pobo español voto en referendo SI á constitución actual, cun 87% de votos a favor. A constitución é a norma suprema do ordenamento xurídico español. Componse de 169 artigos (Preámbulo, Título preliminar, 10 Títulos, Disposicións adicionais, Disposicións transitorias, Disposición derogatoria e Disposición final).

    • Soberanía nacional

    • Sufraxio universal

    • Separación de poderes :

-Lexislativo: Congreso dos Diputados

Senado

-Executivo : goberno de España

-Xudicial: Tribunal Constitucional

Tribunal Supremo

Cuadro de texto

Sanción rexia da Constitución de 1978 polo Rei D. Juan Carlos I.

Sesión no Congreso dos Deputados de 17 de decembro de 1978. A fotografía recolle o momento en que o Presidente das Cortes Antonio Hernández Gil, entrega a Constitución para a firma do Rei.

Participación cidadá

A través dos partidos políticos

A través das eleccións, a cidadanía elixen ás persoas que actuarán no seu nome.Deben ser libres, plurais, periódicas e deben facerse por sufraxio universal.

A través do referendo, que é unha consulta dirixida aos electores para que expresen a súa opinión sobre unha cuestión concreta.