O nacemento dunha monarquía autoritaria

Débese aos Reis Católicos o fortalecemento da institución monárquica nos seus reinos, aínda que máis en Castela que en Aragón. Na Coroa de Aragón as Cortes tiñan un papel máis importante e aínda mantiña certo control sobre a actuación do rei. Ademais Fernando o Católico desde un primeiro momento centrouse máis nos asuntos casteláns que nos aragoneses (dos trinta e sete anos que reinou, só tres pasounos en Aragón); a relación do rei coa clase dirixente aragonesa foi de oposición polo seu forte sentido autoritario.

Fronte aos monarcas feudais os Reis Católicos conseguirán en Castela impoñer o poder da monarquía e dar os primeiros pasos para a creación dun verdadeiro Estado. Este foi un proceso lento e que tivo os seus alicerces en:

· a creación dun corpo armado permanente ao servizo da monarquía (A Santa Hermandade)

· mellóra da administración e a xustiza

· sometimento da Igrexa nacional á autoridade monárquica.