A crise do reinado de Carlos IV (1788-1808)

A crise do Antigo Réxime, que se produce a finais do século XVIII, vai culminar a principios do século XIX coa Guerra da Independencia. Polo tanto o tránsito do século XVIII ao século XIX supón a crise do a Monarquía Borbónica.

A monarquía de Carlos IV

Análise do cadro

O reinado de Carlos IV iníciase en 1789. As posibilidades de extensión da ideoloxía revolucionaria francesa en España, quedan truncadas co cambio de personalidades e de sistema no goberno. Deste cambio ten moito que ver a designación en 1792 de Godoy como primeiro ministro e que gobernou ata 1808 mediante un sistema de despotismo ministerial que moi ben se podería denominar ditadura. Con el, Carlos IV pretende librarse dos reformistas ilustrados e polo tanto supón o triunfo dunha reacción antiilustrada. Debe representar o papel dun ministro fiel exclusivamente ao rei. Pero moi pronto o rei delega nel todos os poderes, e actuará de feito, como o primeiro ditador dos tempos modernos.

A vitoria do exército republicano francés en todas as fronteiras europeas, obriga a España en 1795 a aceptar a Paz de Basilea. E na corte vai comezar unha época de intrigas políticas. A aristocracia non perdoa que un humilde como Godoy lles goberne e os nobres cortesáns tradicionalistas e reaccionarios, van agruparse en torno ao príncipe herdeiro, Fernando, principal inimigo de Godoy.

O goberno de Godoy, caracterízase desde o punto de vista de política exterior de submisión a Francia. É o momento en que a mariña británica curta as liñas do tráfico económico entre España e América. Os portos españois son atacados pola escuadra inglesa.

Cando en 1799 Napoleón dá o golpe de estado do 18 de Brumario e faise co poder en Francia, toda Europa únese nunha "Segunda Coalición" antifrancesa. Pero España comprométese a unir as súas forzas navais ás francesas, e a invadir Portugal, tradicional aliada de Inglaterra. Como consecuencia desta unión a escuadra hispano-francesa é derrotada en Trafalgar (1805); a mariña española tan coidadosamente restaurada ao longo do século XVIII queda destruída.

En 1807 Godoy asina co goberno napoleónico o Tratado de Fontainebleau que había de permitir o paso por España das tropas francesas para conquistar Portugal. Como consecuencia deste tratado penetraron polo País Vasco as tropas francesas ao mando de Murat que se apropia das principais prazas fortes españolas.

En 1808 o descontento xeral pola entrada das tropas francesas en España permitiu desencadear a revolta popular que se coñece como Motín de Aranjuez . Esta revolta estivo dirixida polos partidarios do príncipe Fernando que asaltan o palacio de Godoy e obrigan a Carlos IV a destituírlle. Dous días despois ante a presión popular, Carlos IV abdica no seu fillo Fernando.

Godoy, favorito e primeiro ministro de Carlos IV

Retratado por Goya

Contra Godoy

"Por tí murió el de Aranda perseguido.

Floridablanca vive desterrado,

Jovellanos en vida sepultado

y muchos grandes yacen el el olvido.

De la madre, del padre, del marido

arrancaste el honor, y has profanado,

polígamo brutal, aquel sagrado

que, indigno,, tú pisar has merecido.

Calumnias, muertes, robos y atentados

con descaro insolente cometiste,

¡Oh, tú, el más ruín de los privados!

Si almirante, si grande te creíste

cuando eras el más ruín de los malvados,

hoy el cielo te vuelve a lo que fuiste.

Soneto satírico de frei Manuel Gil