Mosteiro do Escorial

Catalogación

Título: San Lourenzo do Escorial

Autor: Juan de Herrera

Cronoloxía: segunda metade século XVI

Estilo: Renacentista español (manierista)

Tipoloxía: arquitectura relixiosa (mosteiro)

Materiais: granito e lousa

Localización: O Escorial, Madrid

Comentario

Estilo herreriano ó servizo do Concilio do Trento

O Escorial profundamente vinculado á tradición arquitectónica española, buscou tamén a universalidade ó adoptar unha faceta dobremente clasicista, que tanto se refería á Antigüidade clásica como á súa manifestación moderna, o Renacemento. A cúpula presenta unha estética renacentista; pola contra o claustro dos Evanxelistas remite aos patios romanos.

O iniciador do Escorial foi Xoan Baustista de Toledo (colaborou con Miguel Anxo na Basílica de San Pedro) que foi un dos introdutores do Renacemento arquitectónico italiano en España, e impulsou en colaboración don Felipe II a "traza universal" do Escorial, que establecía a planta reticular presida pola basílica; morreu, así e todo, cando a obra estaba nos cimentos.

Juan de Herrera adaptou o proxecto orixinal ao gusto español,e, de acordo coa súa formación matemática, conferiulle unha estrutura máis unitaria e simétrica. O seu estilo propio da corte manierista, chamado na súa honra "herreriano" é imitado ata ben entrado o século XVII, caracterízase pola austeridade decorativa, pola xeometría e pola perfecta sintonía coa sobriedade propugnada polo catolicismo español.