O enterro do Conde de Orgaz (Greco 1541- 1614)

Catalogación

Título: O enterro do Conde de Orgaz

Autor: O Greco

Cronoloxía: finais do século XVI (1586)

Estilo: Renacemeno español (manierismo)

Técnica: óleo sobre lenzo

Localización: Igrexa de Santo Tomé, Toledo.

Tema: relixioso. Representa o milagre que en 1323 ocorreu naquela igrexa cando se ía a enterrar a Gonzalo Ruiz de Toledo, señor de Orgaz: Nese momento baixan do ceo San Agustín e San Esteban e entérrano eles mesmos coas súas propias mans. Polo tanto o cadro ha de representar esta escena co fin de informar ao visitante o feito extraordinario que ocorreu nese lugar, á vez que lle recorde que certas virtudes como a caridade ou o rezo aos santos son razóns de peso para poder alcanzar a vida eterna, motivo por outra banda de que se producise o milagre.

DESCRICIÓN:

Este gran cadro está dividido en dúas grandes zonas, por unha banda na parte alta obsérvase unha zona celestial onde aparecen Cristo, a Virxe, anxos, santos e outros personaxes xa falecidos. Na parte inferior, a terrenal, represéntase un enterro rodeado de personaxes, uns eclesiásticos e outros civís.

CONTEXTO

O Renacemento chega a España a finais do século XVI, cando en Italia xa se estaba a desenvolver o manierismo, como resultado dos contactos comerciais e políticos con Italia. Tamén houbo intercambio de artistas nas dúas direccións e importáronse obras e libros de arte.

As novidades do estilo, desconectado da propia evolución, son un mero transplante de trazas italianas, de feito falase de construír “ó moderno”, pero foron ben acollidas pola Coroa para desenvolver unha arte oficial que a defina e sexa símbolo de unidade, e pola nobreza, caso dos Mendoza, para reafirmar o seu prestixio. A Igrexa sen embargo foi reticente ó cambio, manténdose aferrada á linguaxe gótica, particularmente na arquitectura, desconfiando dos modelos pagáns renacentistas.

Comentario