A Ménade de Scopas

Comentario

CATALOGACIÓN

Título: Ménade danzante

Autor: Scopas

Cronoloxía: séculos V- IV a. C. Máis exactamente ao clasicismo tardío século IV a. C.

Estilo: grego post-clásico.

Tipoloxía: escultura exenta.

Materiais: mármore

Tema: representa unha Ménade, coñecida como danzante ou furiosa, é dicir unha das seguidora dos rituais dionisíacos nos que, arrebatada pola ebriedade e maila danza, abandona o seu corpo ó frenesí do éxtase que a invade.

A Ménade, entolecida polo viño e o baile, aparece medio espida pois a vestimenta ábrese deixando ver de xeito provocativo a metade esquerda do seu corpo como consecuencia do vertixinoso movemento. O corpo presenta unha violenta torsión que ven configurar unha espiral, acentuada pola disposición do torso cara atrás e da cabeza cara arriba. Esta disposición helicoidal leva o movemento ó exterior (o que fará logo Miguel Anxo)