Características xerais da escultura grega

Materiais utilizados: bronce e mármore, aínda que tamén se utilizaron pedras de menor calidade, así como madeira, ouro e marfil.

  • Dous tipos de tipoloxías:

1. O relevo, utilizado na decoració de tímpanos e frisos en templos e altares.

2. A escultura exenta, tipoloxía que se converteu no reflexo da evolución do canon de beleza helénica, a través da proporción, do equilibrio, do movemento, da expresividade, do volume e do dinamismo.

En ambos dous casos o tema central foi a figura humana, principal motivo de estudo e reflexión da cultura grega, coa que se representou aos diferentes deuses e deusas, heroes e heroínas da mitoloxía clásica, así como tamén aos atletas, considerados durante moito tempo o modelo da beleza física e da beleza espiritual.

A escultura grega foi polícroma. As pezas recubríanse de cor o cal perdeuse co paso do tempo.

Período xeométrico

As primeiras manifestacións escultóricas gregas apareceron no século VIII a.C. Tratábase de pequenas figuras de carácter votivo ou relixioso executadas en marfil, terracota ou cera, que se usaban como base para obter posteriormente as de metasl. Tamén se coñece a existencia de esculturas e madeira, chamdas xóana, e que segundo a mitoloxía grega, foron obra do arquitecto Dédalo. Estas estatuas servían como imaxes de culto, aínda que non quedasen restos delas.

Escultura monumental

No século VII a.C., o contacto coas culturas avanzadas do Próximo Oriente produciu na arte grega unha das súas maiores revolucións: a aparición da escultura monumental, a cal evolucionou a partir dos modelos estilísticos da estatuaria exipcia. Nesta evolución distínguense as tres grandes etapas nas que se divide a tradicionalmente a arte grega: arcaica, clásica e helenística.