O mosaico

O mosaico romano é un legado helenístico, chegado a través das antigas colonias gregas do sur da península itálica. O seu gran desenvolvemento prodúcese na época imperial (séculos I a.C.-III d.C.), e a súa aplicación, tanto en chans como en paredes de casas particulares e edificios públicos, é claramente ornamental.

O mosaico constrúese con pequenos anacos de pasta de vidro, esmalte ou mármore chamados teselas. Segundo o tamaño e a forma das teselas distínguense tres técnicas distintas:

  • Opus tesselatum: realízase con teselas iguais e de distintos tons. Polo xeral, son debuxos xeométricos, pero non para figuras. Ás veces, combínase co OPUS VERMICULATUM, este para os contornos e o tesellatum para o seu reencho.

  • Opus vermiculatum (de herdanza grega): as pedras que se utilizan son moi pequeniñas permitindo liñas curvas para realizar contornos e divisións

  • Opus sectile, creado a partir de anacos de mármore.Recórtanse grandes placas de mármore de diversas cores para componer as figuras para pavimentos ou paredes. Recubríase de varias capas ata que se colocaban as pezas.

Os primeiros temas representados son tomados da mitoloxía e da reprodución de pinturas gregas, como a Batalla de Alexandre e os persas (século I a.C.)

Mosaico de Alexandre Magno na casa do Fauno en Pompeia

Esta feito coa técnica opus vermiculatum, de vermiculi, "vermes", na cal as teselas miden tan só entre un e cinco mm de lado e adoitábanse elaborar en talleres profesionais. Foi realizado cara ao século II a.C. e colocado nunha sá principal de recepción dunha das casas máis luxosas da cidade sepulta polo Vesubio no 79 d.C. Considérase unha copia dunha obra pictórica do século IV a.C. e representa unha batalla entre macedonios por unha banda, guiados por Alexandre Magno á esquerda do mosaico, de perfil sobre o seu cabalo Bucéfalo e vestindo unha armadura coa Gorgona Medusa sobre ela. E doutra banda os persas, con Darío III á cabeza, que xa foxe da batalla no seu carro e levanta unha man en actitude, crese, de arroxar unha xabarina. Así, si observámolo de xeito xeral, vemos como o artista centra todo o seu interese nas figuras humanas máis que na paisaxe.

Podería identificarse coa batalla de Issos (333 a.C.), na cal fuxiu por primeira vez Darío, ou Gaugamela (331 a.C.), onde volveu fuxir o caudillo persa e a propia nobreza foi a que acabou definitivamente coa súa vida. Con todo, tamén é posible que o artista exprese a esencia dos feitos victoriosos de Alexandre Magno, transcendendo ao ocorrido nun momento e lugar determinados.

É un mosaico monumental, de 5,82 metros de lonxitude e 2,70 de altura, feito con máis dun millón de pequenas e diminutas teselas.

Mosaicos da vila romana do Casale, Sicilia. Vila tardo-romana de finais do século III e principios do IV, nun momento de fragmentación do Imperio.

Mosaicos de vila romana da Olmeda (Palencia). Os mosaicos que pavimentan os seus chans, son considerados como uns dos máis importantes de España. De todos eles destaca o mosaico situado no oecus da casa,( era un lugar onde algúns invitados podían ser recibidos con música) composto por unha gran cenefa e unha escena central con tres temas distintos: unha escena de caza, a lenda do descubrimento de Aquiles por Ulises cando o primeiro estaba oculto na illa de Esciros, e unha cenefa na que aparecen varios medallones con retratos e unha representación das estacións do ano.